ORDE do 30 de marzo de 2015 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2015/16.

Artigo 1. Obxecto e destinatarios 1. A través desta orde preténdese seleccionar novos proxectos para a súa incorporación ao Plan de mellora de bibliotecas escolares, así como apoiar a continuidade deste programa mediante a concesión de novas contías aos centros educativos incluídos en anteriores convocatorias (sempre que a través do seguimento que se realiza desde a coordinación do programa e, moi especialmente, a través da memoria correspondente ao actual curso 2014/15, acaden unha valoración positiva). DOG nº 70