ORDE do 22 de xullo de 2013 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2012/13.

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

Convócanse en Galicia os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2012/13 co obxecto de dar recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa, reforzar aqueles aspectos que inciden na mellora do sistema educativo e xuntar excelencia con equidade, igualdade de oportunidades e posibilidades de desenvolvemento persoal.

Artigo 2. Número e características dos premios

1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.

2. Cada premio estará dotado con 750 €, con cargo á partida orzamentaria 09.50.423A.480.1 dos orzamentos do ano 2013 cunha dotación global de 15.000 €.

3. A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros

DOG Nº151  http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130808/AnuncioG0164-240713-0005_gl.html