ORDE do 22 de abril de 2015 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria (ED115A).

Artigo 1. Obxecto O obxecto desta orde é convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, en concellos ou en agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes Artigo 2. Orzamento O financiamento das axudas farase con cargo á partida orzamentaria 09.30.151A.460.0, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, por unha contía inicial máxima de 245.000 euros, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias. Artigo 3. Beneficiarios 1. As entidades locais de Galicia, excluídas as deputacións provinciais. 2. Os agrupamentos de concellos para a realización dun proxecto común. As súas entidades integrantes nomearán un representante único que actuará como coordinador e interlocutor coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e que será o receptor da asignación económica. DOG Nº79