ORDE do 21 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, e se procede á súa convocatoria (ED106A).

Debemos salientar sobre esta orde o seguinte aspecto que resulta practicamente escandaloso:

“– Os materiais terán que estar destinados á venda e haberá que acreditar o correspondente número de ISBN e a referencia do depósito legal definitivo. ”

Isto significa que calquera obra publicada – impresa ou dixital – que unha editorial pretenda distribuír gratuitamente ou con licenza libre para contidos quedaría excluída de poder concorrer.

Por que?

 

Orixe: Orde do DOG nº 86 do 2016/5/6 – Xunta de Galicia