ORDE do 20 de decembro de 2013 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2012/2013, convocados pola Orde do 22 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 8 de agosto).

A Orde do 22 de xullo de 2013 (DOG do 8 de agosto) pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico, correspondentes ao curso 2012/2013, establece, no seu artigo 11.2, que o titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizadas as probas, publicadas as cualificacións obtidas polos candidatos e candidatas no portal educativo https://www.edu.xunta.es, resoltas as reclamacións presentadas, vista a acta coa proposta definitiva do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios e a proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

RESOLVO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2012/2013 ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Esta orde de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2013

DOG Nº248