ORDE do 2 de marzo de 2015 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Artigo 1. Obxecto e ámbito da convocatoria O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sustentados con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2015. Artigo 2. Actividades de formación convocadas 1. As actividades que se convocan, cuxo contido se especifica en canto ao número de prazas, destino e réxime de aloxamento no anexo IV, son actividades de formación para a mellora na competencia no uso da lingua inglesa. 2. O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2015. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado. [ DOGA Nº 51->http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150316/AnuncioG0164-060315-0002_gl.html] Corrección de erros http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150326/AnuncioG0164-190315-0001_gl.html