ORDE do 13 de marzo de 2015 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán-2015 e se procede á súa convocatoria.

Artigo 1. Obxecto 1. Para facilitar que a xuventude galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, oferta a programación de actividades para o ano 2015 que se detalla no anexo I desta orde. As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo e agosto. 2. A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web www.xuventude.net. Ademais, as persoas interesadas poden solicitar folletos informativos da convocatoria na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, nos servizos e oficinas locais de xuventude das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nas oficinas e puntos de información xuvenil da Rede Galega de Información e «Documentación Xuvenil, no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil, e nas oficinas de información administrativa e atención á cidadanía. DOG nº 56