ORDE do 10 de setembro de 2018 pola que se regulan os permisos ao funcionariado dos corpos regulados na Lei orgánica 2/2016, do 3 de maio, de educación, en relación coas eleccións sindicais ás xuntas de persoal docente non universitario do ámbito de xestión desta consellería.

Os electores en xeral terán permiso polo tempo indispensable para exercer o seu dereito ao voto, segundo as instrucións concretas que dite cada órgano de persoal, que lles poderá exixir un xustificante do acto da votación expedido pola mesa electoral concreta en que voten, cando estea situada fóra do seu centro de traballo.

Source: Orde do DOG nº 179 do 2018/9/19 – Xunta de Galicia