ORDE do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).

Artigo único. Modificación da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).

Modifícase a Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), na forma que se expón nos puntos seguintes:

Un. O artigo 10 queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 10. Validacións e expedición de certificados de lingua galega

1. As validacións polos certificados de lingua galega aquí regulados son as que se indican no anexo I desta orde.

2. As persoas titulares das secretarías dos centros de titularidade pública que custodian as actas de cualificación, logo da correspondente solicitude da persoa interesada que cumpra os requisitos establecidos no anexo I, expedirán as validacións das competencias en lingua galega que a continuación se citan segundo o modelo que figura no anexo II:

DOG Nº34