Instrucións para o terceiro trimestre

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Instrucións do 27 de abril de 2020

ÍNDICE DAS INSTRUCIÓNS

DIRECTRICES XERAIS
1. Obxecto e ámbito de aplicación
2. Principio fundamental
3. Calendario escolar
4. Adaptación da actividade
5. Titoría e Orientación
6. Currículo e programacións didácticas
7. Avaliación, promoción e titulación
8. Apoio aos centros educativos
9. Documentos de avaliación
10. Liñas xerais para a preparación do curso 2020-21
11. Criterios de permanencia

II DIRECTRICES ESPECÍFICAS POR ENSINANZAS
1. EDUCACIÓN INFANTIL

2. EDUCACIÓN PRIMARIA
Criterios de avaliación
Procedementos de avaliación
Criterios de promoción

3. EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
Criterios de avaliación
Procedementos de avaliación
Criterios de promoción

4. BACHARELATO
Criterios de avaliación
Procedementos de avaliación
Criterios de promoción
Criterios de titulación

5. FORMACIÓN PROFESIONAL
Criterios de avaliación
Primeiro curso de réxime de ordinario:
Segundo curso:
Procedementos de avaliación
A) Modalidade presencial:
B) Modalidade a distancia:
Criterios de promoción no réxime de ordinario
Criterios de titulación

6. ENSINANZAS PARA AS PERSOAS ADULTAS ENSINANZAS CONDUCENTES Á OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA NAS MODALIDADES PRESENCIAL E SEMIPRESENCIAL. 17
Criterios de avaliación
Procedemento de avaliación
Criterios de promoción
Criterios de titulación
BACHARELATO NAS MODALIDADES PRESENCIAL E SEMIPRESENCIAL
BACHARELATO NA MODALIDADE A DISTANCIA POR MEDIOS TELEMÁTICOS
Probas libres para a obtención dos títulos da ESO e Bacharelato

7. ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO
Criterios de avaliación
Primeiro curso
Procedementos de avaliación

8. ENSINANZAS ELEMENTAIS E PROFESIONAIS DE MÚSICA E DE DANZA
Criterios de avaliación
Criterios de promoción
Criterios de permanencia
Documentos de avaliación
Probas específicas de acceso
Premio de fin de grao nas ensinanzas profesionais de música e danza

9. ENSINANZAS DEPORTIVAS
Criterios de avaliación
Primeiro curso
Procedementos de avaliación
Criterios de promoción
Criterios de titulación

10. ENSINANZAS OFICIAIS DE IDIOMAS
Proceso de ensinanza-aprendizaxe
Avaliación
Criterios de promoción
Criterios de certificación
Matrícula do alumnado libre

11. ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES
Criterios de avaliación
Criterios de promoción
Documentos de avaliación
Probas específicas de acceso

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento
do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes
da Comunidade Autónoma de Galicia.

O 11 de marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde elevou a situación
de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19 á categoría de
pandemia internacional.

Na Comunidade Autónoma de Galicia, por Acordo do Consello da Xunta do 12
de marzo de 2020, adoptáronse medidas preventivas en materia de saúde
pública que foron seguidas da declaración, o 13 de marzo, da situación de
emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e de
activación do Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel
IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da
epidemia do coronavirus COVID-19. Entre as medidas preventivas adoptadas
no mencionado Acordo do 12 de marzo, respecto do ensino non universitario,
establécese a suspensión das actividades académicas.
Mediante o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, publicado no BOE número
67, do 14 de marzo, declarouse o estado de alarma para a xestión da situación
de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e, a súa aplicación, de
conformidade co previsto na lexislación, significou, entre outras moitas
medidas, o confinamento da poboación e a suspensión das clases presenciais
en todas as etapas do sistema educativo de España.

No tempo transcorrido desde entón, a administración educativa da Xunta de
Galicia tivo que adoptar diferentes decisións, algunhas de carácter provisional e
suxeitas a modificacións en función da evolución da pandemia. Ao longo destas
semanas, longas e difíciles, docentes, alumnado e familias están a dar exemplo
de responsabilidade e adaptación a unha situación excepcional que ten
alterado por completo o desenvolvemento do curso escolar 2019-20.
Pola súa parte, o Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou a
Orde EFP/365/2020, de 22 de abril, pola que se establecen o marco e as
directrices de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio
do curso 2020-2021, ante a situación de crise ocasionada polo COVID-19.

Dita norma, que ten carácter básico, modifica o marco normativo que rexe o
desenvolvemento do curso 2019/2020 e flexibiliza os criterios para promoción e
titulación nas diferentes etapas educativas, quedando sen efecto o criterio do
número de materias non superadas.
Procede, polo tanto, ditar as instrucións para a aplicación de dita norma básica
por parte dos centros educativos, no terceiro trimestre do curso 2019/2020, en
aspectos como a programación e o desenvolvemento das actividades de
ensinanza-aprendizaxe, a avaliación, a promoción e a titulación do alumnado
galego dos distintos cursos e niveis, tendo en conta tamén as necesidades do
conxunto da comunidade educativa, desde os docentes, ata o alumnado e as
súas familias.

De acordo co anterior, dítanse as seguintes instrucións

DIRECTRICES XERAIS

1. Obxecto e ámbito de aplicación
1.1. Estas instrucións teñen por obxecto determinar nos centros docentes da
Comunidade Autónoma de Galicia, aqueles aspectos organizativos e
académicos necesarios para o adecuado desenvolvemento, no terceiro
trimestre do curso 2019/2020, das ensinanzas establecidas ao abeiro da Lei
orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, na redacción dada pola Lei
8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, no contexto
da aplicación das medidas de contención no ámbito educativo e da formación
previstas no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o
estado de alarma sanitaria ocasionada polo COVID-19.

2. Principio fundamental
2.1. Todos os responsables das tarefas educativas, sexan docentes, equipos
directivos ou membros das Administracións, extremarán o seu coidado para
apoiar os estudantes e as súas familias, os docentes e todos os membros da
comunidade educativa, así como para facer posible o desenvolvemento das
súas tarefas respectivas en condicións que promovan o seu benestar. En
consecuencia, todas as decisións da Administración educativa estarán suxeitas
ás recomendacións sanitarias e velarán pola adopción das medidas
recomendadas polos responsables de dita área.

3. Calendario escolar
3.1. Durante o terceiro trimestre os centros docentes continuarán coa atención
educativa ao alumnado, desenvolvendo actividades que lles permitan aos
alumnos e alumnas manterse incorporados á aprendizaxe continua e suscitar o
seu interese por aprender, de modo non presencial ou, de ser o caso,
presencial, en función das recomendacións que diten as autoridades sanitarias.
Ditas actividades estarán adaptadas á idade e características do alumnado, así
como á situación excepcional que están a vivir.

3.2. As actividades lectivas que se desenvolven durante o terceiro trimestre do
curso 2019-2020, sempre condicionadas polo que dispoñan as autoridades
sanitarias, non se estenderán máis alá das datas establecidas na Orde do 20
de xuño de 2019, pola que se aproba o calendario escolar para o curso
2019/2020 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade
Autónoma de Galicia, a excepción feita dalgúns procesos singulares, como a
celebración das probas da ABAU, as de acceso ás diferentes ensinanzas ou
aqueloutras probas que, polo seu carácter singular, o precisen.

3.3. A citada Orde do 20 de xuño de 2019, de calendario escolar, establece no seu
artigo 12.3.2 que as sesións de avaliación final do alumnado de segundo curso
de bacharelato adecuaranse, na convocatoria ordinaria e extraordinaria, ás
datas previstas para a ABAU. A estes efectos, as sesións de avaliación final de
segundo curso de bacharelato deberán realizarse antes do día 9 de xuño de
2020 na convocatoria ordinaria, e na primeira semana do mes de setembro na
convocatoria extraordinaria.

4. Adaptación da actividade
4.1. As actividades lectivas que se desenvolvan durante o terceiro trimestre do
curso 2019-2020 deberán combinar de maneira integrada as actividades a
distancia e as presenciais que puidesen levarse a cabo, segundo evolucione a
situación sanitaria. A tal efecto, os centros educativos:

4.2. Prestarán especial atención a identificar o alumnado desconectado por
diversas circunstancias ou non localizable e prepararán plans específicos de
recuperación do vínculo escolar e de reforzo que lles axuden a reincorporarse á
actividade educativa tan pronto como sexa posible. Os centros darán traslado
de ditos plans específicos á inspección educativa.

4.3. Farán un especial esforzo para identificar o alumnado que carece de medios de
conexión dixital e, en virtude da súa autonomía organizativa e de xestión,
arbitrarán as medidas necesarias e facilitarán o uso de distintos tipos de
dispositivos adecuados para a atención educativa a este alumnado.

4.4. Intensificarán a posta a disposición do alumnado dos recursos tecnolóxicos e
doutro tipo que necesiten para o desenvolvemento das súas actividades, e
desenvolverán formación e ferramentas adecuadas para permitir que o
alumnado obteña o maior proveito da metodoloxía non presencial.

5. Titoría e Orientación
5.1. Coa finalidade de axudar ao alumnado a organizar as súas actividades
escolares, autorregular a súa aprendizaxe e manter un bo estado emocional,
os centros educativos adaptarán o modelo de titorías á nova situación e
organizarán accións de orientación académica e profesional cos medios
dispoñibles, especialmente para o alumnado de 4º de ESO, 2º de FP Básica, 2º
de Bacharelato e 2º de FP de grao medio.

5.2. Os centros educativos organizarán os seus recursos de apoio para favorecer
na medida do posible a axeitada atención ao alumnado con necesidades
educativas especiais, favorecendo o seu acceso ao currículo por medio da
adaptación dos instrumentos, tempos e apoios que aseguren una adecuada
atención e avaliación deste alumnado. Porase, asemade, especial coidado na
atención ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

5.3. Os Departamentos de Orientación continuarán co desenvolvemento das
actuacións, medidas e programas para a atención á diversidade establecidas
no Plan Xeral de Atención á Diversidade do seu centro, adaptándoas á
situación de confinamento de alumnado e profesorado, e asesorando os
diferentes membros da comunidade educativa, preferentemente, para o
coidado do seu benestar emocional.

6. Currículo e programacións didácticas
6.1. Os centros e o profesorado revisarán os currículos e as programacións
didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas
aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os
alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área ou materia,
flexibilizando os seus plans de traballo e coidando de non penalizar ou afectar
ao benestar do seu alumnado, nin sobrecargalo de tarefas excesivas.

6.2. Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación,
repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que
resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado. Na medida do posible
deseñaránse actividades globalizadoras e interdisciplinares, debidamente
titorizadas, promovendo o traballo colaborativo entre os equipos docentes das
distintas áreas e materias nas etapas, ciclos ou ensinanzas en que sexa
posible.

6.3.

A ampliación das aprendizaxes tomará como referentes aqueles obxectivos e
competencias clave máis necesarios para a adecuada progresión do alumnado
e que para a súa asimilación requiran a mínima intervención docente.

6.4. Para o alumnado que non adquirise as aprendizaxes e competencias
imprescindibles nos dous primeiros trimestres do curso, proporánselle
actividades que lles axuden a adquirilas e superar a materia, co obxectivo de
que os alumnos e alumnas poidan continuar o seu itinerario formativo.

6.5. Os currículos, programacións e actividades que se desenvolvan durante o
terceiro trimestre nos cursos que conducen a unha titulación final de etapa
terán especialmente en conta esta circunstancia e flexibilizaranse e
adaptaranse para axudar en todo o posible a que o seu alumnado poida
alcanzala.

6.6. Os centros educativos reforzarán a imprescindible coordinación do profesorado
á hora de adaptar as programacións, as actividades e os criterios de avaliación,
co fin de evitar problemas como a sobrecarga de tarefas, a falta de
acompañamento docente ou a desigualdade do apoio aos estudantes que lles
poden prestar a súas familias.

Adaptación das programacións didácticas

6.7. Os departamentos didácticos, os equipos de ciclo e os equipos docentes de
cada curso, baixo a coordinación e dirección da respectiva xefatura de
departamento, coordinación de ciclo ou do titor ou titora de curso, adaptarán a
programación didáctica das ensinanzas correspondentes ao ciclo, áreas,
materias ou módulos integrados no departamento, que será o referente para o
profesorado que imparta a mesma área, materia, módulo ou ámbito no centro
educativo.

6.8. Aprendizaxes e competencias: identificaranse as aprendizaxes (estándares de
aprendizaxe, ou no seu caso resultados de aprendizaxe) e competencias
imprescindibles que debería desenvolver o alumnado para cada materia, área,
módulo ou ámbito, que servirán de referente para o deseño das actividades de
recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación que se desenvolvan
durante o terceiro trimestre.

6.9. Avaliación e cualificación do alumnado: a avaliación e cualificación adaptarase,
tendo en consideración que se realizará sobre as aprendizaxes desenvolvidas
durante os dous primeiros trimestres do curso, así como sobre as actividades
de reforzo, recuperación ou ampliación de aprendizaxes realizadas dende a
declaración do estado de alarma polo Real Decreto 463/2020, sempre e cando
beneficie ao alumnado. Para a concreción dos criterios de avaliación e
cualificación teranse en conta as aprendizaxes e competencias imprescindibles
anteriormente identificados.

6.10. Establecerase o procedemento para o cálculo da cualificación final que se
consignará na avaliación ordinaria.

6.11. Actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes:
prestarase especial atención á avaliación do alumnado con materias
pendentes. No caso do alumnado do que non se dispoña de información
obxectiva para unha avaliación de materias pendentes ou con avaliación
negativa, poderá ser convocado a unha proba telemática, se a situación
sanitaria non permite a realización de probas presenciais. Esta proba poderá
ser substituída pola realización de traballos ou actividades que permitan unha
avaliación obxectiva. Deberanse detallar os criterios de avaliación e
cualificación e establecer as datas e os procedementos para a avaliación das
materias pendentes.

6.12. Información e publicidade. A información básica da adaptación das
programacións didácticas para a finalización do curso 2019-2020, será
elaborada en base aos principios de claridade, transparencia e obxectividade
que garantan o dereito dos alumnos e alumnas a que o seu rendemento sexa
avaliado conforme a criterios obxectivos.

6.13. O documento guía será remitido polos responsables da súa elaboración á
dirección do centro antes do día 12 de maio de 2020 para o seu traslado á
inspección educativa. As direccións dos centros responsabilizaranse da súa
publicación na páxina web do centro nun lugar accesible a disposición de toda
a comunidade educativa e de garantir a súa publicidade, seguindo o
procedemento establecido no centro. Así mesmo, o profesorado informará ao
alumnado da súa área, materia, ámbito ou módulo.

7. Avaliación, promoción e titulación
7.1. Os centros e o profesorado adaptarán o sistema de avaliación do alumnado, co
obxectivo prioritario de que os alumnos e as alumnas non perdan o curso e
poidan continuar avanzando na súa formación, tendo en conta de maneira
especial a situación dos estudantes máis vulnerables.

7.2. A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das
actividades lectivas presenciais será continua e acentuará o seu carácter
diagnóstico e formativo en todas as etapas, ciclos e ensinanzas, para valorar os
avances realizados e os atrasos que se puidesen producir, con obxecto de
planificar as medidas de recuperación que sexan necesarias e programar o
vindeiro curso. En todo caso, a avaliación das actividades realizadas na fase
non presencial so poderá ter valor positivo para a cualificación do alumnado.

7.3. A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020
considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando
especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das
competencias imprescindibles previamente definidas. Realizarase sobre as
aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres así como as
actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das
aprendizaxes anteriores que se desenvolvan durante o terceiro trimestre
sempre e cando se beneficie ao alumnado.

7.4. Os centros educativos e o profesorado emitirán un informe individual valorativo
do traballo realizado polos seus alumnos e alumnas no curso, que inclúa os
atrasos que puidesen terse producido e un plan de recuperación destes. Dito
informe será tido en conta de cara a programación do curso 2020-2021.

7.5. A promoción de curso será a norma xeral en todas as etapas, considerándose
a repetición de curso una medida moi excepcional, que non poderá estar
baseada unicamente no número de materias non superadas, e deberá estar
solidamente argumentada e acompañada dun plan preciso de recuperación
para cada alumno ou alumna.

7.6. A titulación do alumnado non poderá verse prexudicada polo cambio na
metodoloxía na aprendizaxe non presencial. Os centros educativos revisarán e
flexibilizarán os criterios de titulación en todas as etapas educativas.

8. Apoio aos centros educativos
8.1. Os centros contarán cos recursos formativos e medios de apoio que a
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pon á súa
disposición para permitir que o profesorado desenvolva o seu labor docente
nas mellores condicións posibles na situación actual.

8.2. Desde a Rede de Formación do Profesorado prestarase o apoio e continuo ao
persoal docente, nas novas necesidades que poida xerar o proceso de
ensinanza e aprendizaxe a distancia. Así mesmo poñerán á disposición dos
centros educativos os seus recursos, en especial para favorecer a atención ao
alumnado máis vulnerable.

8.3. Así mesmo, os Equipos de Orientación Específicos (EOE) establecerán canles
de comunicación e tomarán a iniciativa cun contacto diario e permanente, para
asesorar e apoiar os departamentos de orientación, coa fin de favorecer a
resposta educativa na atención á diversidade do alumnado e o seu benestar
emocional.

8.4. A Inspección Educativa prestaralles apoio e asesoramento aos centros
educativos no proceso de adaptación das súas programacións didácticas e en
todo aquilo que, dentro das súas funcións, facilite a mellora da atención
educativa ao alumnado.

9. Documentos de avaliación
9.1. Nos documentos oficiais de avaliación quedarán recollidas, ademais da norma
pola que se establece o currículo correspondente de cada ensino, a normativa
específica básica e autonómica que recolla as medidas de flexibilización que,
con carácter excepcional durante o curso 2019-2020, se aplicasen, de maneira
que os documentos de avaliación dean conta do marco regulamentario no que
se desenvolveu a avaliación e a adopción de decisións de promoción ou
titulación e estean debidamente regularizados.

10. Liñas xerais para a preparación do curso 2020-21
10.1. Os centros e o profesorado organizarán plans de recuperación e adaptación do
currículo e das actividades educativas para o curso 2020-2021, co obxecto de
permitir o avance de todo o alumnado e especialmente dos máis atrasados.
Ditos plans estarán baseados nos informes individualizados que se emitan ao
final do presente curso e nas eventuais avaliacións iniciais que puidesen
realizarse.
10.2. A programación do curso 2020-2021 deberá adaptarse a estas circunstancias.
Deberán adoptarse as medidas necesarias de atención á diversidade,
individuais ou grupais, orientadas a responder ás necesidades educativas
concretas dos alumnos e das alumnas e á consecución dos resultados de
aprendizaxe vinculados ás aprendizaxes imprescindibles, que a situación
excepcional do curso 2019-2020 lles dificultase adquirir.

11. Criterios de permanencia
11.1. Autorízase, de xeito xeral, a ampliación nun ano do límite de permanencia
nestas ensinanzas daquel alumnado que se vise afectado polas circunstancias
deste curso escolar.

II DIRECTRICES ESPECÍFICAS POR ENSINANZAS

1. EDUCACIÓN INFANTIL

1.1. En Educación Infantil a avaliación forma parte inseparable do proceso
educativo, e será global, continua e formativa. Debe servir para detectar e
valorar os procesos de desenvolvemento do alumnado e analizar os seus
progresos e dificultades, así como as súas aprendizaxes.

1.2. No contexto actual, ademais da necesaria coordinación entre os profesionais,
resulta imprescindible reforzar a fluidez da comunicación cos pais, nais e titores
legais dos alumnos e alumnas como partícipes directos no proceso de ensino
aprendizaxe dos seus fillos e fillas.

1.3. Os criterios de avaliación nesta etapa flexibilizaranse atendendo especialmente
ao desenvolvemento evolutivo do alumno ou alumna e á consecución dos
obxectivos da etapa. A continuidade do proceso de promoción á Educación
Primaria non poderá verse prexudicada pola situación de actividade non
presencial, en ningún caso, agás para o alumnado con necesidades educativas
especiais para o que se considere moi conveniente a permanencia un ano máis
nesta etapa, sempre previo informe do departamento de orientación e o acordo
dos proxenitores.

1.4. O informe individualizado do alumno ou alumna terá en conta especialmente o
seu progreso ou atraso, en especial no último curso da etapa coa finalidade de
adaptar a súa actividade ao inicio do curso 2020/2021 na ensinanza primaria.

2. EDUCACIÓN PRIMARIA

Criterios de avaliación
2.1. No terceiro trimestre do curso 2019-2020 o traballo do alumnado centrarase
especialmente no desenvolvemento das actividades de recuperación, repaso,
reforzo e afondarase nas aprendizaxes xa traballadas nos dous primeiros
trimestres do curso, fomentando as rutinas de traballo e mantendo o hábito de
estudo.

2.2. Os centros educativos flexibilizarán e adaptarán os criterios de avaliación
previstos para cada curso, identificando e valorando especialmente as
aprendizaxes máis relevantes e imprescindibles para a continuidade do
proceso educativo, o reforzo e a consolidación das aprendizaxes realizadas
nos dous primeiros trimestres do curso. Estes criterios de avaliación, que terán
carácter diagnóstico e formativo, permitirán as adaptacións necesarias das
programacións didácticas do seguinte curso 2020-2021, para incorporar
aqueles obxectivos, contidos e aprendizaxes que, polas circunstancias
especiais do terceiro trimestre, non fosen abordados.

Procedementos de avaliación

2.3. Os procedementos de avaliación adecuaranse ás adaptacións metodolóxicas
realizadas durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020. Non obstante,
daráselle prioridade á avaliación, atendendo ao seu carácter continuo e global,
diagnóstico e formativo, a partir das avaliacións anteriores e as actividades
desenvolvidas durante este período, sempre que iso favoreza ao alumno ou á
alumna. En ningún caso, o alumnado poderá verse prexudicado polas
dificultades derivadas do cambio de metodoloxía a distancia do terceiro
trimestre.

2.4. Os centros poderán realizar actividades de avaliación do terceiro trimestre, que
terán en todo caso carácter diagnóstico, polo mesmo mecanismo co que cada
centro viñese comunicándose co seu alumnado no desenvolvemento do
proceso de ensino e aprendizaxe desde a suspensión da actividade presencial.

Criterios de promoción
2.5. Flexibilizaranse de maneira excepcional durante o curso 2019-2020, os criterios
de promoción en todos os cursos de Educación Primaria, sen ter en conta
limitacións que afecten ao número de áreas pendentes. A avaliación do
alumnado terá en conta o seu progreso no conxunto das áreas. A repetición
considerarase unha medida de carácter excepcional.

2.6. A programación do curso 2020-2021 deberá adaptarse a estas circunstancias,
adoptándose as medidas necesarias de atención á diversidade, individuais ou
grupais, orientadas a responder ás necesidades educativas concretas dos
alumnos e das alumnas e á consecución dos resultados de aprendizaxe
vinculados ás aprendizaxes imprescindibles, que a situación excepcional do
curso 2019-2020 lles dificultase adquirir.

2.7. O informe individual será de especial relevancia no caso dos alumnos e
alumnas que cursasen sexto curso de Educación Primaria e que accederán á
etapa de Educación Secundaria Obrigatoria. Terá carácter informativo e
orientador, detallando aquelas aprendizaxes imprescindibles non adquiridas a
causa das circunstancias do terceiro trimestre, e que deberán ser obxecto de
tratamento durante o próximo curso escolar 2020-2021.

3. EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Criterios de avaliación

3.1. Os centros educativos adaptarán os criterios de avaliación e cualificación
previstos nas programacións didácticas para cada curso e materia,
identificando e valorando especialmente as aprendizaxes máis relevantes e
imprescindibles para a continuidade do proceso formativo do alumnado,
reforzando e consolidando as aprendizaxes realizadas nos dous primeiros
trimestres do curso, fomentando as rutinas de traballo e mantendo o hábito de
estudo.

3.2. Estes criterios de avaliación terán carácter diagnóstico e permitirán as
adaptacións necesarias das programacións didácticas do seguinte curso 20202021, para incorporar aqueles obxectivos, contidos e aprendizaxes que, polas
circunstancias especiais do terceiro trimestre, non puidesen ser abordados.

3.3. A avaliación do alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria será
integradora e colexiada, debendo priorizar a progresión e consecución dos
obxectivos xerais establecidos para a etapa e o desenvolvemento das
competencias clave correspondentes fronte á superación dos criterios de
avaliación específicos de cada materia.

Procedementos de avaliación
3.4. Os procedementos de avaliación adecuaranse ás adaptacións metodolóxicas
realizadas durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020.

3.5. Daráselle prioridade á avaliación, atendendo ao seu carácter continuo,
formativo e integrador, a partir das avaliacións anteriores e das actividades
desenvolvidas durante este período, sempre que iso favoreza ao alumno ou
alumna.

3.6. En ningún caso, o alumno ou alumna poderá verse prexudicado polas
dificultades derivadas do cambio de metodoloxía a distancia do terceiro
trimestre, e non poderá ver minorados os resultados obtidos nas avaliacións
dos trimestres anteriores.

3.7. Os centros educativos poderán realizar actividades de avaliación do terceiro
trimestre, que terán en todo caso carácter diagnóstico, polo mesmo mecanismo
co que cada centro se viñese comunicando co seu alumnado no
desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe desde a suspensión da
actividade presencial.

3.8. As decisións para que un alumno ou alumna se incorpore a un Programa de
Mellora da aprendizaxe e do rendemento, a un ciclo formativo de Formación
Profesional Básica ou a outros programas específicos regulados pola
Administración educativa en ningún caso poderán adoptarse atendendo ao
aproveitamento do terceiro trimestre. A estes efectos, terase en conta a
evolución e progreso do alumno ou da alumna ata a finalización do período
presencial do curso escolar.

Criterios de promoción
3.9. Flexibilizaranse, de maneira excepcional durante o curso 2019-2020, os
criterios de promoción en todos os cursos de Educación Secundaria
Obrigatoria, sen ter en conta limitacións que afecten ao número de materias
pendentes.

3.10. Os alumnos e as alumnas promocionarán de curso e a repetición
considerarase unha medida de carácter excepcional, que se adoptará, en todo
caso, de maneira colexiada polo equipo docente en función da evolución
académica do estudante durante o período previo á suspensión da actividade
lectiva presencial.

3.11. Os alumnos e alumnas que promocionen sen ter superado todas as materias
deberán matricularse das materias non superadas, e seguirán os programas de
reforzo, individuais ou grupais, que estableza cada equipo docente no marco
que se dispoña pola administración educativa para o vindeiro curso.

Criterios de titulación
3.12. Flexibilizaranse os criterios de obtención do título de Graduado en Educación
Secundaria Obrigatoria, baseándose na adquisición dos obxectivos xerais
establecidos para a etapa e o desenvolvemento das competencias. Para obter
a titulación non se terán en conta as limitacións que afecten ao número de
materias pendentes.

3.13. Os equipos docentes poderán adoptar as decisións colexiadas de promoción e
de titulación tanto na convocatoria ordinaria de xuño como na extraordinaria de
setembro.

4. BACHARELATO

Criterios de avaliación

4.1. Os centros educativos adaptarán os criterios de avaliación e cualificación
previstos nas programacións didácticas para cada curso e materia,
identificando e valorando especialmente as aprendizaxes máis relevantes e
imprescindibles da etapa, xunto á capacidade do alumnado para aprender por
si mesmo, para traballar en equipo e para aplicar os métodos de investigación
apropiados.

4.2. A avaliación da aprendizaxe do alumnado durante o terceiro trimestre do
vixente curso escolar, será continua e diferenciada segundo as materias, terá
un carácter diagnóstico e formativo, e flexibilizará os criterios de avaliación,
promoción e titulación.

4.3. Como norma xeral, os equipos docentes adaptarán os criterios de avaliación e
os estándares de aprendizaxe previstos nas correspondentes programacións
didácticas para cada materia e curso.

4.4. A avaliación centrarase na adquisición das competencias clave e dos contidos
máis relevantes en cada materia, impartidos no primeiro e no segundo trimestre
ata o pasado 13 de marzo, así como a evolución académica e madurativa
demostrada polo alumno ou alumna ao longo do curso e da etapa.

Procedementos de avaliación
4.5. Os procedementos de avaliación axeitaranse ás adaptacións metodolóxicas
derivadas do cambio de ensinanza non presencial neste terceiro trimestre.

4.6. Daráselle prioridade á avaliación a partir das avaliacións anteriores e das
actividades desenvolvidas durante este período, sempre que iso favoreza ao
alumno ou alumna.

4.7. En ningún caso, o alumno poderá verse prexudicado polas dificultades
derivadas do cambio de metodoloxía a distancia do terceiro trimestre, nin ver
minoradas as cualificacións obtidas nas avaliacións dos trimestres anteriores.

4.8. Os centros poderán realizar actividades de avaliación do terceiro trimestre, que
terán en todo caso carácter diagnóstico, polo mesmo mecanismo co que cada
centro viñese comunicándose co seu alumnado no desenvolvemento do
proceso de ensino-aprendizaxe desde a suspensión da actividade presencial.

Criterios de promoción

4.9. Flexibilizaranse, de maneira excepcional, os criterios de promoción de primeiro
a segundo curso de bacharelato e non se considerarán limitacións que afecten
ao número de materias pendentes.

4.10. Os alumnos e alumnas promocionarán de curso e a repetición considerarase
unha medida de carácter excepcional, que se adoptará en todo caso de
maneira colexiada polo equipo docente en función da evolución académica do
estudante durante o período previo á suspensión da actividade lectiva
presencial.

4.11. En consecuencia, poderase promocionar con máis de dúas materias pendentes
sempre e cando a Xunta de avaliación así o acorde, considerando entre outros
criterios que evolución do alumno ou alumna foi positiva, demostrando unha
madurez persoal e académica que o capacitan para alcanzar os obxectivos e
as competencias clave no segundo curso co correspondente programa de
reforzo.

4.12. Os alumnos e alumnas que promocionen sen ter superadas todas as materias
deberán matricularse das materias non superadas, seguirán os programas de
reforzo que estableza o equipo docente e deberán superar as avaliacións
correspondentes aos anteditos programas de reforzo.

Criterios de titulación
4.13. Para obter o título de bacharel será necesaria, con carácter xeral, a avaliación
positiva en todas as materias dos dous cursos de Bacharelato.

4.14. Porén, os centros poderán flexibilizar, de maneira excepcional, os criterios de
obtención do título de Bacharelato sen ter en consideración as limitacións que
afecten ao número de materias non superadas, cando, a xuízo do equipo
docente, o alumno ou alumna teña adquiridos suficientemente os obxectivos
xerais da etapa que lle permitan continuar o seu itinerario académico.

4.15. Neste caso, a decisión de titulación basearase na evolución académica do
alumno ou alumna durante o primeiro e o segundo trimestre, así como ao longo
de toda a etapa e no logro dos obxectivos e adquisición das competencias
clave.

4.16. Os equipos docentes poderán adoptar as decisións colexiadas de promoción e
de titulación, tanto na convocatoria ordinaria de xuño como na extraordinaria de
setembro.

5. FORMACIÓN PROFESIONAL
Criterios de avaliación
Primeiro curso de réxime de ordinario:

5.1. No caso de resultados de aprendizaxe asociados a un módulo formativo que
resulten esenciais e que non puideron desenvolverse debido ás circunstancias
excepcionais deste curso, os centros educativos establecerán o procedemento
que se considere máis axeitado para que todo o alumnado poida adquirir os
ditos resultados de aprendizaxe. A tal efecto, os centros poderán, entre outras
medidas, autorizar a súa ubicación noutro módulo profesional diferente, propio
de 2.º curso, nas programacións didácticas dos centros. Así mesmo, os centros
educativos poderán incorporar actividades de formación, ao inicio do próximo
curso, que garantan a consecución dos resultados de aprendizaxe afectados
pola situación do terceiro trimestre do presente curso, por parte de todo o
alumnado.

Segundo curso:

5.2. Flexibilizaranse e adaptaranse os criterios de avaliación dos módulos
profesionais de formación en centros de traballo e de Proxecto, no seu caso,
atendendo ás especiais circunstancias e á dificultade da súa realización por
parte del alumnado. Así mesmo, en relación ao desenvolvemento da FCT e do
módulo de Proxecto estarase ao disposto na Resolución do 23 de abril de
2020.

Procedementos de avaliación

5.3. O procedementos de avaliación adecuaranse ás adaptacións metodolóxicas
realizadas durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020.
A) Modalidade presencial:

5.4. As probas ou actividades de avaliación do terceiro trimestre, que terán en todo
caso carácter diagnóstico e formativo, realizaranse polo mesmo mecanismo co
que cada centro viñera comunicándose co seu alumnado no desenvolvemento
do proceso de ensino-aprendizaxe dende a suspensión da actividade
presencial.

5.5. Así mesmo, a avaliación de cada módulo profesional realizarase atendendo
carácter continuo da mesma, e tendo en conta o regulado no artigo 27.3
Orde de 12 de xullo de 2011, a partir das avaliacións anteriores e
actividades desenvoltas durante este período, sempre que iso favoreza
alumno ou alumna.

ao
da
ás
ao

B) Modalidade a distancia:
5.6. Os centros educativos poderán determinar a substitución da proba presencial
final por unha proba desenvolta mediante os recursos telemáticos utilizados de
xeito habitual no desenvolvemento desta modalidade a distancia, mantendo a
ponderación da mesma para o cálculo da cualificación final de cada módulo,
xunto aos procesos de avaliación desenvoltos ao longo do curso.

5.7. Así mesmo, poderán autorizar a consideración dos datos obtidos polo profesor
titor das actividades desenvoltas polo alumno ou alumna ao longo de seu
proceso de aprendizaxe como elemento determinante da cualificación final do
módulo.

Criterios de promoción no réxime de ordinario

5.8. Durante o curso 2019-2020 flexibilizaranse, de xeito excepcional, os criterios de
promoción en todas as ensinanzas de Formación Profesional, no réxime
ordinario. A repetición considerarase unha medida de carácter excepcional.
Non serán tidas en conta as limitacións para pasar de curso que afecten a
módulos pendentes.

5.9. A programación do curso 2020-2021 deberá adaptarse a estas circunstancias,
adoptándose as medidas necesarias de atención á diversidade, individuais ou
grupais, orientadas a responder ás necesidades educativas concretas dos
alumnos e das alumnas e á consecución dos resultados de aprendizaxe
vinculados ás competencias profesionais do título, que a situación excepcional
do curso 2019-2020 lles tivera dificultado adquirir.

Criterios de titulación

5.10. Na Formación Profesional Básica, flexibilizaranse os criterios de titulación,
atendendo ao carácter continuo, formativo e integrador da avaliación destas
ensinanzas.

5.11. Respecto á obtención do título de Graduado en Educación Secundaria
Obrigatoria por parte deste alumnado, teranse en conta criterios de
flexibilización similares aos aplicados en 4.º de ESO a efectos de titulación.

5.12. No caso de ciclos de grao medio e grao superior, os centros educativos
flexibilizarán os criterios de titulación, atendendo a principios xerais de
adquisición da competencia xeral do título e non da superación da totalidade
dos módulos formativos.

6. ENSINANZAS PARA AS PERSOAS ADULTAS
ENSINANZAS CONDUCENTES Á OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO
EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA NAS MODALIDADES
PRESENCIAL E SEMIPRESENCIAL.

Criterios de avaliación

6.1. Os centros educativos e o profesorado revisarán e modificarán os criterios de
avaliación previstos para cada módulo e ámbito, valorando especialmente as
competencias máis relevantes e imprescindibles para a continuidade do
proceso educativo, reforzando e consolidando as aprendizaxes realizadas no
primeiro mes do cuadrimestre, período no que se desenvolveron actividades
educativas de carácter presencial.

6.2. Estes criterios de avaliación terán carácter diagnóstico e formativo, e permitirán
as adaptacións necesarias das programacións didácticas do seguinte curso
2020-2021,
para incorporar aqueles obxectivos e contidos que, polas
circunstancias especiais do segundo cuadrimestre, non foron abordados.

6.3. A avaliación do alumnado será integradora e colexiada, debendo priorizar a
progresión e consecución dos obxectivos xerais establecidos para o módulo e o
desenvolvemento das competencias correspondentes fronte á superación dos
criterios de avaliación específicos para cada ámbito.

6.4. Os centros educativos e o profesorado deseñarán, para o curso 2020-2021,
unha organización curricular excepcional, que garanta a consolidación,
adquisición e reforzo, por parte de todo o alumnado, das aprendizaxes
afectadas pola situación do segundo cuadrimestre do presente curso.

Procedemento de avaliación

6.5. Os procedementos de avaliación adecuaranse ás adaptacións metodolóxicas
que os centros educativos e o profesorado realicen durante o segundo
cuadrimestre do curso 2019-2020.

6.6. Priorizarase a avaliación atendendo ao seu carácter continuo, formativo e
integrador, a partir das actividades desenvolvidas durante a etapa presencial.
En ningún caso, o alumnado poderá verse prexudicado polas dificultades
derivadas do cambio de formato de ensino presencial a ensino telemático.

6.7. Os centros e o profesorado establecerán os procedementos de avaliación que
xulguen adecuados ás actuais circunstancias para avaliar as aprendizaxes
desenvolvidas durante a etapa presencial.

6.8. A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das
actividades lectivas presenciais será continua e acentuará o seu carácter
diagnóstico co obxectivo de planificar as medidas de recuperación que sexan
necesarias e programar o próximo curso. Estas actividades de avaliación
faranse polo mesmo mecanismo con que cada centro se estea comunicando co
seu alumnado no desenvolvemento do proceso de ensinanza-aprendizaxe
desde a suspensión da actividade presencial.

6.9. Avaliación extraordinaria correspondente aos módulos impartidos no primeiro
cuadrimestre: os centros e o profesorado establecerán os procedementos de
avaliación que xulguen adecuados ás actuais circunstancias. En todo caso,
estes procedementos de avaliación aplicaranse con anterioridade aos de
avaliación dos módulos impartidos no segundo cuadrimestre.
Criterios de promoción

6.10. Os equipos docentes flexibilizarán, de maneira excepcional durante o curso
2019-2020, os criterios de promoción en todos os módulos, sen ter en conta
limitacións que afecten ao número de ámbitos pendentes.

6.11. A programación do curso 2020-2021 deberá adaptarse a estas circunstancias,
adoptándose as medidas necesarias de atención á diversidade, individuais ou
grupais, orientadas a responder ás necesidades educativas concretas do
alumnado e á consecución dos resultados vencellados ás aprendizaxes
imprescindibles, que a situación excepcional do curso 2019-2020 lles dificultara
adquirir.

6.12. O alumnado que promocione sen ter superados todos os ámbitos seguirá os
programas de reforzo, individuais ou grupais, que estableza cada equipo
docente.

Criterios de titulación

6.13. Os equipos docentes flexibilizarán os criterios de obtención do título de
Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, baseándose nos obxectivos
xerais establecidos para a etapa e na adquisición das competencias
fundamentais. As decisións sobre titulación adoptaranse, en todo caso, de
maneira colexiada polo equipo docente.

6.14. Quedan aprazadas ata a publicación dun novo calendario, en función da
evolución da pandemia, as probas para a obtención do título de Graduado en
Educación Secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos.
BACHARELATO NAS MODALIDADES PRESENCIAL E SEMIPRESENCIAL
6.15. Nas modalidades presencial e semipresencial, aplicaranse os mesmos criterios
para a organización do terceiro trimestre, a avaliación, a promoción e a
titulación que se establecen para o Bacharelato polo réxime ordinario.

BACHARELATO
TELEMÁTICOS

NA

MODALIDADE

A

DISTANCIA

POR

MEDIOS

6.16. Ensinanzas conducentes á obtención do título de Graduado en Educación
Secundaria Obrigatoria.

6.17. Na modalidade a distancia, a actividade docente continúa co ritmo habitual por
medio das aulas virtuais dos distintos ámbitos.
a) Os centros educativos poderán determinar a substitución das probas
presenciais da avaliación ordinaria correspondente aos módulos
impartidos no segundo cuadrimestre por unha proba realizada mediante
os recursos telemáticos utilizados de maneira habitual no
desenvolvemento desta modalidade a distancia.

b) Igualmente, poderán utilizar os recursos telemáticos para a realización
da proba da avaliación extraordinaria correspondente aos módulos
impartidos no primeiro cuadrimestre.

6.18. Na modalidade a distancia, a actividade docente continúa co ritmo habitual por
medio das aulas virtuais das distintas materias.

6.19. Os centros educativos poderán determinar a substitución das probas
presenciais da terceira avaliación e a proba final por unha proba realizada
mediante os recursos telemáticos utilizados de maneira habitual no
desenvolvemento desta modalidade a distancia.

Probas libres para a obtención dos títulos da ESO e Bacharelato

6.20. Quedan aprazadas ata a publicación dun novo calendario, en función da
evolución da pandemia, as probas para a obtención do título de Graduado en
Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de dezaoito anos e a proba
para a obtención do título de Bacharel para maiores de vinte anos.

7. ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO
Criterios de avaliación
Primeiro curso:

7.1. No caso de resultados de aprendizaxe asociados a módulos formativos que
resulten esenciais e que non puideron desenvolverse debido á circunstancias
excepcionais deste curso, os centros educativos establecerán o procedemento
que se considere máis axeitado para que todo o alumnado poida adquirir os
ditos resultados de aprendizaxe. A tal efecto, os centros poderán, entre outras
medidas, autorizar a súa ubicación noutro módulo profesional diferente, propio
de 2.º curso, nas programacións didácticas dos centros. Así mesmo, os centros
educativos poderán incorporar actividades de formación, ao inicio do próximo
curso, que garantan a consecución dos resultados de aprendizaxe afectados
pola situación do terceiro trimestre do presente curso, por parte de todo o
alumnado.

Procedementos de avaliación
7.2. Os procedementos de avaliación adecuaranse ás adaptacións metodolóxicas
realizadas durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020.

7.3. As probas ou actividades de avaliación do terceiro trimestre, que terán en todo
caso carácter diagnóstico e formativo, realizaranse polo mesmo mecanismo co
que cada centro viñera comunicándose co seu alumnado no desenvolvemento
do proceso de ensino-aprendizaxe dende a suspensión da actividade
presencial.

7.4. Así mesmo, a avaliación de cada módulo profesional realizarase atendendo ao
carácter continuo da mesma, e tendo en conta o regulado no artigo 18.2 da
Orde do 1 de decembro de 2008 pola que se regula a organización, a
avaliación e a acreditación académica das ensinanzas profesionais de artes
plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, a partir das
avaliacións anteriores e ás actividades desenvoltas durante este período,
sempre que iso favoreza ao alumno ou alumna.
Criterios de promoción no réxime de ordinario

7.5. Durante o curso 2019-2020 flexibilizaranse, de xeito excepcional, os criterios de
promoción en todas as ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño. A repetición
considerarase unha medida de carácter excepcional. Non serán tidas en conta
as limitacións para pasar de curso que afecten a módulos pendentes.

7.6. A programación do curso 2020-2021 deberá adaptarse a estas circunstancias,
adoptándose as medidas necesarias de atención á diversidade, individuais ou
grupais, orientadas a responder ás necesidades educativas concretas dos
alumnos e das alumnas e á consecución dos resultados de aprendizaxe
vinculados ás competencias profesionais do título, que a situación excepcional
do curso 2019-2020 lles tivera dificultado adquirir.
Criterios de titulación

7.7. Tanto nos ciclos de grao medio como de grao superior, os centros educativos
flexibilizarán os criterios de titulación, atendendo a principios xerais de
adquisición da competencia xeral do título e non da superación da totalidade
dos módulos formativos.

8. ENSINANZAS ELEMENTAIS E PROFESIONAIS DE MÚSICA E DE
DANZA

Criterios de avaliación
8.1. Os conservatorios elementais e profesionais de música e de danza, así como
os centros autorizados, modificarán os criterios de avaliación previstos para
cada curso e materia e valorando especialmente a progresión na consecución
dos obxectivos xerais e específicos de cada ensinanza. Os centros farán
públicas estas modificacións dos criterios de avaliación.

8.2. Estes criterios de avaliación terán un carácter diagnóstico e formativo e
permitirán as adaptacións necesarias das programacións didácticas do
seguinte curso académico 2020-2021, para incorporar aqueles obxectivos e
contidos que, debido ás circunstancias especiais do terceiro trimestre, non se
poderían abordar.

8.3. De ser necesario, os conservatorios elementais e profesionais de música e de
danza, así como os centros autorizados, poderán incorporar, a través das
correspondentes programacións didácticas, parte do currículo das materias que
non se puidesen desenvolver debido ás circunstancias excepcionais deste
curso, en distintas materias do curso seguinte.
Procedementos de avaliación

8.4. Os procedementos de avaliación adecuaranse ás adaptacións metodolóxicas
das que fora obxecto o alumnado.

8.5. Os conservatorios elementais e profesionais de música e de danza, así como
os centros autorizados, poderán determinar, con carácter diagnóstico e
formativo, a realización das probas ou actividades de avaliación do terceiro
trimestre de xeito non presencial, naquelas materias nas que sexa posible, e
polo mesmo mecanismo co que cada centro estivo comunicando cos seus
alumnos no desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe desde a
suspensión da actividade na aula.

8.6. Así mesmo, poderán determinar a avaliación de cada materia, tendo en conta o
seu carácter continuo, en función das avaliacións previas e dos datos obtidos
polo profesorado das actividades desenvolvidas polo alumno ao longo do seu
proceso de aprendizaxe como elemento determinante da cualificación final da
materia, e non minorando as súas cualificacións anteriores.

8.7. O especificado no presente apartado tamén será de aplicación para aquelas
materias de cursos anteriores que o alumnado teña aínda pendentes de
cualificación positiva.

Criterios de promoción

8.8. Os conservatorios elementais e profesionais de música e de danza, así como
os centros autorizados, poderán flexibilizar, durante o curso 2019-2020, os
criterios de promoción. A repetición do curso completo considerarase unha
medida excepcional. Non se terán en conta as limitacións para superar o curso
que afecten o número ou tipo de materias ou con cualificacións negativas, ou a
porcentaxe de carga docente pendente.

8.9. A programación do curso 2020-2021 das materias que impliquen continuidade
debe adaptarse a estas circunstancias, adoptando os centros as medidas
necesarias que garantan a consecución dos obxectivos e contidos que a
situación excepcional do curso 2019-2020 dificultaría a adquisición deles.

8.10. A recuperación de materias pendentes relacionadas coa práctica de
instrumental, vocal ou de danza farase na clase do curso seguinte. Así mesmo,
ao alumnado que ao final do 6º curso tivese tres ou máis materias pendentes
de avaliación positiva, poderá formalizar matrícula no curso 2020-21 só das
materias pendentes, sen repetir todo o curso.
Criterios de titulación

8.11. Os conservatorios elementais e profesionais de música e de danza, así como
os centros autorizados, poderán flexibilizar os criterios de titulación, tendo en
conta a madureza académica do alumnado en relación cos obxectivos xerais e
as competencias profesionais da titulación e non da superación da totalidade
das materias. Non obstante, para que un alumno ou alumna excepcionalmente
obteña o correspondente título das ensinanzas profesionais de música ou de
danza sen superar a totalidade das materias, deberá ser proposto por acordo
do equipo docente, debendo constar o devandito acordo na correspondente
acta de avaliación do sexto curso e no libro de cualificacións correspondente.

Criterios de permanencia

8.12. Amplíase nun ano o límite de permanencia nas ensinanzas elementais e
profesionais de música e de danza do alumnado que se vira afectado polas
circunstancias deste curso escolar 2019/2020, tanto no que atinxe á
permanencia na totalidade do grao como en cada un dos cursos. Asemade, os
centros poderán flexibilizar os prazos para presentar a solicitude de anulación
de matrícula e ter en conta como circunstancia que poderá solicitar a mesma a
situación orixinada pola actual situación excepcional. En todo caso, esta
solicitude deberá cursarse con anterioridade á celebración da avaliación final.

Documentos de avaliación

8.13. Nos documentos oficiais de avaliación quedarán recollidas, ademais do decreto
correspondente polo que se establece o currículo de cada ensinanza, a Orde
EFP/365/2020, do 22 de abril, pola que se establecen o marco e as directrices
de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso
2020-2021, ante a situación de crise ocasionada polo COVID-19 (BOE do 24),
así como as presentes instrucións, que recollen as medidas de flexibilización
que, con carácter excepcional durante o curso 2019-2020, se aplicarán, de
xeito que os documentos de avaliación dean conta do marco regulamentario no
que desenvolveu a avaliación e a adopción de decisións de promoción ou
titulación e estean debidamente regularizados. Prestarase especial atención no
libro de cualificacións como documento oficial que reflicte os estudos cursados.

8.14. Dada a situación de excepcionalidade, prestarase especial atención ao informe
individualizado de avaliación. A tal fin, a finalización do curso 2019/2020,
cumprimentarase o informe de avaliación individualizado, incorporando as
observacións que se consideren relevantes en relación coas dificultades que se
tivesen detectado como consecuencia da suspensión da actividade educativa
presencial.

8.15. Para o alumnado con avaliación negativa, e coa finalidade de proporcionar
referentes para a superación da materia na proba extraordinaria, o profesor ou
profesora da materia correspondente elaborará o informe previsto na normativa
de aplicación sobre os obxectivos e contidos que non se tivesen acadado e a
proposta de actividades de recuperación en cada caso. O informe individual
terá carácter informativo e orientador, detallando tanto o traballo realizado polo
alumnado durante o curso como aquelas aprendizaxes imprescindibles non
adquiridas a causa das circunstancias do terceiro trimestre.

8.16. As sesións de avaliación e cualificación realizaranse de xeito telemático, e
atenderán ao establecido nestas instrucións e na normativa correspondente.

Probas específicas de acceso
8.17. Aprázanse as probas específicas de acceso, cuxa superación forma parte dos
requisitos de acceso ás ensinanzas elementais de música e de danza, e terán
lugar no momento no que as circunstancias sanitarias o permitan, quedando
polo tanto aprazadas as datas establecidas nos puntos 2.4 e 2.5 das
instrucións da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa para a aplicación do calendario do curso 2019/2020 nos
conservatorios elementais e profesionais de música e danza, e conservatorios
superiores de música, do 19 de xullo de 2019.

Premio de fin de grao nas ensinanzas profesionais de música e danza

8.18. As probas para a concesión do premio de fin de grao serán convocadas pola
dirección dos centros. Estas probas levaranse a cabo unha vez rematada a
sesión de avaliación do fin de curso. A súa realización será levada a cabo de
xeito telemático tendo en conta os recursos dispoñibles en cada caso.

9. ENSINANZAS DEPORTIVAS
Criterios de avaliación
Primeiro curso

9.1. No caso de resultados de aprendizaxe asociados a un módulo formativo que
resulten esenciais e que non puideron desenvolverse debido ás circunstancias
excepcionais deste curso, os centros educativos establecerán o procedemento
que se considere máis axeitado para que todo o alumnado poida adquirir os
ditos resultados de aprendizaxe. A tal efecto, os centros poderán, entre outras
medidas, autorizar a súa ubicación noutro módulo profesional diferente, propio
de 2.º curso, nas programacións didácticas dos centros. Así mesmo, os centros
educativas poderán incorporar actividades de formación, ao inicio do próximo
curso, que garantan a consecución dos resultados de aprendizaxe afectados
pola situación do terceiro trimestre do presente curso, por parte de todo o
alumnado.

Procedementos de avaliación
9.2. O procedementos de avaliación adecuaranse ás adaptacións metodolóxicas
realizadas durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020.

9.3. As probas ou actividades de avaliación do terceiro trimestre, que terán en todo
caso carácter diagnóstico e formativo, realizaranse polo mesmo mecanismo co
que cada centro viñera comunicándose co seu alumnado no desenvolvemento
do proceso de ensino-aprendizaxe dende a suspensión da actividade
presencial.
9.4. Así mesmo, a avaliación de cada módulo profesional realizarase atendendo ao
carácter continuo da mesma, e tendo en conta o regulado no artigo 4 da Orde
do 30 de maio de 2008 pola que se regula a avaliación das ensinanzas
conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo e técnico deportivo
superior na Comunidade Autónoma de Galicia, a partir das avaliacións
anteriores e ás actividades desenvolvidas durante este período, sempre que iso
favoreza ao alumno ou alumna.

Criterios de promoción

9.5. Durante o curso 2019-2020 flexibilizaranse, de xeito excepcional, os criterios de
promoción en todas as ensinanzas deportivas. A repetición considerarase unha
medida de carácter excepcional. Non serán tidas en conta as limitacións para
pasar de curso que afecten a módulos pendentes.

9.6. A programación do curso 2020-2021 deberá adaptarse a estas circunstancias,
adoptándose as medidas necesarias de atención á diversidade, individuais ou
grupais, orientadas a responder ás necesidades educativas concretas dos
alumnos e das alumnas e á consecución dos resultados de aprendizaxe
vinculados ás competencias profesionais do título, que a situación excepcional
do curso 2019-2020 lles tivera dificultado adquirir.

Criterios de titulación

9.7. Tanto nos ciclos iniciais (nivel I) e ciclos finais (nivel II) de grao medio, como
nos ciclos superiores (nivel III) das ensinanzas deportivas, os centros
educativos flexibilizarán os criterios de titulación, atendendo a principios xerais
de adquisición da competencia xeral do título e non da superación da totalidade
dos módulos formativos.

10. ENSINANZAS OFICIAIS DE IDIOMAS

Proceso de ensinanza-aprendizaxe

10.1. Os departamentos didácticos e o profesorado das escolas oficiais de idiomas
revisarán e modificarán as programacións didácticas para centrar as
actividades lectivas nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que
deberá desenvolver o alumnado, en función do seu curso e nivel, flexibilizando
os seus plans de traballo, adaptando a docencia á modalidade telemática e
adaptándose ás necesidades do seu alumnado, coidando de non penalizalo nin
prexudicalo. As actividades de lingua non realizadas no presente curso
trasladaranse ao curso seguinte.

10.2. Con carácter xeral, as actividades lectivas manterán o calendario establecido
ao inicio do curso.
Avaliación

10.3. Os departamentos didácticos das escolas oficiais de idiomas modificarán os
procedementos e criterios de avaliación que lle permitan ao profesorado valorar
o grao de adquisición dos obxectivos xerais destas ensinanzas e lle faciliten a
toma da decisión máis adecuada ante esta situación excepcional e conforme ás
revisións feitas nas programacións didácticas, valorando especialmente as
aprendizaxes máis relevantes e imprescindibles para a continuidade do
proceso educativo.

10.4. Estas modificacións deberán garantir o dereito do alumnado a ser avaliado con
criterios de plena obxectividade, así como a coñecer os resultados das súas
aprendizaxes. As escolas oficiais de idiomas farán públicas as devanditas
modificacións.

Criterios de promoción

10.5. Con carácter excepcional, aplicarase a avaliación continua para os cursos non
conducentes a certificación oficial. A programación do curso 2020/2021 deberá
adaptarse a estas circunstancias, adoptándose as medidas necesarias de
atención á diversidade que garantan a consecución dos obxectivos e contidos
que a situación excepcional do curso 2019/2020 lles dificultase adquirir.

10.6. Para a obtención da cualificación do alumnado teranse en conta os resultados
obtidos na proba parcial de progreso, así como a valoración positiva do
rendemento e a participación do alumnado na aula. As valoracións das
actividades realizadas telematicamente durante o estado de alarma teranse en
conta exclusivamente para aumentar a cualificación que tiña o alumnado antes
da suspensión das clases presenciais polo estado de alarma.

Criterios de certificación

10.7. A avaliación dos niveis de certificación realizarase de acordo cos principios e
criterios establecidos no Real decreto 1/2019, do 11 de xaneiro, polo que se
establecen os principios básicos comúns de avaliación aplicables ás probas de
certificación oficiais dos niveis intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e
avanzado C2 das ensinanzas de idiomas de réxime especial e na Circular
8/2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación
Educativa, pola que se ditan instrucións para a elaboración e administración
das probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial para
o curso 2019-2020.
Matrícula do alumnado libre

10.8. A convocatoria na modalidade libre, cuxo proceso de matriculación quedou
paralizado tras a declaración do estado de alarma, retomarase cando as
circunstancias sanitarias o permitan.
Probas de certificación

10.9. O calendario establecido para a realización das convocatorias ordinaria e
extraordinaria das probas de certificación aprázase. Establecerase un
calendario alternativo para a realización destas probas cando as circunstancias
sanitarias o permitan.

11. ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES

Criterios de avaliación

11.1. Atendendo ao establecido no primeiro punto do anexo III.5 da Orde
EFP/365/2020, do 22 de abril, pola que se establecen o marco e as directrices
de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso
2020-2021, ante a situación de crise ocasionada polo COVID-19 (BOE do 24),
os centros, públicos e privados, que impartan ensinanzas artísticas superiores
modificarán os criterios de avaliación previstos para curso e disciplina, cando
corresponda ou a curso completo ou segundo cuadrimestre, renunciando a un
cumprimento exhaustivo dos mesmos e valorando especialmente a progresión
na consecución das competencias e perfís profesionais de cada ensinanza.

11.2. Estes criterios de avaliación terán carácter diagnóstico e permitirán as
adaptacións necesarias das guías docentes do seguinte curso 2020-2021, para
incorporar aqueles contidos que, polas circunstancias especiais do terceiro
trimestre, non puideran ser abordados.

11.3. De ser necesario, incorporarase a parte do currículo das disciplinas que non se
puideran desenvolver debido ás circunstancias excepcionais deste curso, en
disciplinas diferentes, propias do próximo curso, nas guías docentes
correspondentes.

11.4. Os centros educativos nos que se impartan ensinanzas artísticas superiores
farán públicas estas modificacións dos criterios de avaliación.
Procedementos de avaliación

11.5. Atendendo ao establecido no segundo punto do anexo III.5 da Orde
EFP/365/2020, do 22 de abril, pola que se establecen o marco e as directrices
de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso
2020-2021, ante a situación de crise ocasionada polo COVID-19 (BOE do 24),
cómpre aplicar o seguinte.
11.6. Os procedementos de avaliación adecuaranse ás adaptacións metodolóxicas
das que fose obxecto o alumnado.

11.7. Os centros, públicos e privados, que impartan ensinanzas artísticas superiores
poderán determinar, con carácter diagnóstico e formativo, a realización das
probas ou actividades de avaliación do terceiro trimestre a distancia, naquelas
disciplinas nas que sexa posible, e polo mesmo mecanismo co que cada centro
estivo comunicando cos seus alumnos no desenvolvemento do proceso de
ensino-aprendizaxe desde a suspensión da actividade na aula.

11.8. Os centros, públicos e privados, que impartan ensinanzas artísticas superiores
poderán determinar a realización da avaliación de cada disciplina, atendendo
ao carácter continuo da mesma, a partir das avaliacións anteriores e os datos
obtidos polo profesorado das actividades desenvolvidas polo alumno ou
alumna ao longo do seu proceso de aprendizaxe como elemento determinante
da cualificación final da disciplina, e non minorando as súas cualificacións
anteriores.

11.9. O especificado no presente apartado tamén será de aplicación para aquelas
disciplinas de cursos anteriores que o alumnado teña aínda pendentes de
cualificación positiva.

11.10. As probas relativas tanto á convocatoria como á convocatoria extraordinaria,
desenvolveranse segundo o calendario establecido, en modalidade virtual por
videoconferencia baixo a modalidade de concertación previa.

Criterios de promoción

11.11. Atendendo ao establecido no terceiro punto do anexo III.5 da Orde
EFP/365/2020, do 22 de abril, pola que se establecen o marco e as directrices
de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso
2020-2021, ante a situación de crise ocasionada polo COVID-19 (BOE do 24),
cómpre aplicar o seguinte.

11.12. A guía docente do curso 2020/2021 das disciplinas de contidos progresivos que
impliquen continuidade deberá adaptarse a estas circunstancias, adoptándose
as medidas necesarias que garanten o nivel de adquisición e consolidación das
competencias transversais, xerais e específicas definidas para estes estudos
previstos para o actual curso 2019/2020.
Criterios de titulación

11.13. Atendendo ao establecido no cuarto punto do anexo III.5 da Orde
EFP/365/2020, do 22 de abril, pola que se establecen o marco e as directrices
de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso
2020-2021, ante a situación de crise ocasionada polo COVID-19 (BOE do 24),
flexibilízanse os criterios de elaboración e presentación do traballo fin de
estudos, atendendo ao que segue.

11.14. Os traballos fin de estudos que non precisen de traballo presencial nas
instalacións dos centros educativos nos que se impartan ensinanzas artísticas
superiores poderán continuar o seu proceso de elaboración. Unicamente se
establecerá un mecanismo de comunicación adecuado entre o profesorado e o
estudantado que garanta unha correcta titorización.

11.15. A parte do traballo que teña que realizarse necesariamente en instalacións dos
centros educativos (concertos, audicións públicas, etc.) deberá reorientarse, de
común acordo entre o estudantado e a persoa titora. A parte do traballo
pendente que precisaba de presencialidade substituirase por outra alternativa
co fin de garantir que poida ser terminado no prazo previsto.

11.16. A defensa do traballo fin de estudos, e a súa memoria correspondente, farase
por medios telemáticos, en modalidade virtual por videoconferencia baixo a
modalidade de concertación previa.

Documentos de avaliación

11.17. Nos documentos oficiais de avaliación quedarán recollidas, ademais do decreto
correspondente polo que se establece o currículo de cada ensinanza, a Orde
EFP/365/2020, do 22 de abril, pola que se establecen o marco e as directrices
de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso
2020-2021, ante a situación de crise ocasionada polo COVID-19 (BOE do 24),
así como as presentes instrucións, que recollen as medidas de flexibilización
que, con carácter excepcional durante o curso 2019-2020, se aplicarán, de
xeito que os documentos de avaliación dean conta do marco regulamentario no
que desenvolveu a avaliación e a adopción de decisións de promoción ou
titulación e estean debidamente regularizados.

11.18. As sesións de avaliación e cualificación realizaranse de xeito telemático, e
atenderán ao establecido nestas instrucións e na normativa correspondente.

Probas específicas de acceso

11.19. Atendendo ao establecido no sétimo apartado do anexo III.5 da Orde
EFP/365/2020, do 22 de abril, pola que se establecen o marco e as directrices
de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso
2020-2021, ante a situación de crise ocasionada polo COVID-19 (BOE do 24),
as probas específicas de acceso terán lugar no momento no que as
circunstancias sanitarias o permitan.

instrucions_3trimestre