A Consellería de Educación convocará prazas en 25 especialidades de docencia

Para mestres, en todas as especialidades, nomeadamente as de Educación Infantil, Educación Primaria Lingua Estranxeira Inglés, Lingua Estranxeira Francés, Educación Física e Música.

Para profesores de secundaria, haberá oferta en doce especialidades, en concreto nas de Lingua e Literatura Galega, Lingua Castelá e Literatura, Xeografía e Historia, Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Educación Física, Análise e Química Industrial, Asesoría e Imaxe Persoal, Hostalería e Turismo e na de Organización e proxectos de fabricación mecánica.

Para profesores técnicos de Formación Profesional, as prazas serán para Cociña e pastelería, Equipos electrónicos, Laboratorio, Mantemento de vehículos e Sistema e aplicacións informáticas

 

Orixe: A Consellería de Educación convocará prazas en 25 especialidades de docencia | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria