Aberto o prazo e a ferramenta para matrícula de alumnos

Desde onte está aberto o prazo de solicitude de reserva para Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.

Estará aberto ata o 20 de marzo

Por primeira vez, ademais de presentar os impresos pódese realizar este trámite mediante unha aplicación web, se dispoñemos de certificado electrónico.