A escolarización de fillos en partos múltiples debe atender a cada caso particular, recomenda o Valedor do Pobo

Recomendación dirixida á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para que as decisións sobre escolarización de alumnos de partos múltiples sexan adoptadas en atención a cada caso particular e de acordo cos proxenitores, sen establecer criterios de carácter xeral nas NOF dos centros

Que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria adopte as medidas necesarias para trasladar a todos os centros docentes que as decisións relativas á separación ou agrupamento na mesma aula dos alumnos nados de partos múltiples non poden establecerse a priori nas Normas de Organización e Funcionamento dos centros porque un criterio de carácter xeral pode ser incompatible co beneficio particular dos menores afectados.

Este tipo de decisións deben ser adoptadas en atención a cada caso particular, consensuando a medida entre pais, docentes e servizos de orientación dos centros, solución que é a que mellor se acomoda á súa autonomía pedagóxica e organizativa, aos principios que informan a atención á diversidade e aos compromisos educativos coas familias.

Informe completo

RECOMENDACION-PUBLICADA-DA-VALEDORA