XXI Cross Escolar

O C.E.I.P. Vilaverde-Mourente pretende celebrar coa colaboración dos demais Colexios do Concello de Pontevedra, o XXI CROSS ESCOLAR, o sábado día 25 de abril, a partir das 10:30 da mañá. Coma todos os anos celebrarase nos arredores do Colexio. Haberá probas para os nenos e nenas de Educación Infantil (3,4 e 5 anos) e para as categorías pre -benxamín (1º e 2º), benxamín (3º e 4º) e alevín ( 5º e 6º). A todos os nenos se lles entregará auga e un bocadillo, e haberá reparto de premios para todos os participantes. Cartel Circular informativa