XORNADAS LÚDICO DIDÁCTICAS EN PARQUE NATURAL MUIÑOS DE BAROSA

Dende Muiñada de Barosa, S.L. dirixímonos a vostede para proporlle unha actividade didáctica, á par que lúdica, para nen@s, asociacións, colectivos, etc. A actividade consiste nunha visita ós muíños de Barosa no Concello de Barro. Nesta xornada ensinaremos ós participantes a historia dos muíños en Galicia, a súa importancia histórica e social no pasado da nosa comunidade así como o funcionamento dos mesmos. Tamén lles mostraremos os diferentes tipos de cereais que se cultivaban na zona, as clases de fariña obtidas a partir deles e a súa utilización na elaboración de distintos produtos de panadería. Amosarémoslles os distintos elementos que conforman o noso forno de pedra e o seu funcionamento. Na segunda parte da visita desenrolaremos un “taller de pan” adaptado as necesidades de cada colectivo. Nel traballaremos o proceso de amasado, levedado e elaboración de diversos produtos de panadería e repostería. Estas xornadas nos muíños están pensadas tanto para nen@s a nivel lúdico / educativo, como para persoas adultas que desexen ampliar os seus coñecementos sobre a materia. Cabe destacar que este é o terceiro ano no que desenrolamos esta actividade, e durante os dous últimos anos pasaron por os muíños de Barosa máis de 7.000 persoas de todas as idades e cunha valoración moi positiva da experiencia. A actividade anteriormente descrita desenrólase en horario de mañá, podendo completar o día cun xantar no noso restaurante ó pé da fervenza e pola tarde ofertamos a posibilidade de realizar a ruta de sendeirismo existente no parque natural de Barosa RUTA DE SENDEIRISMO PR-G105 Tamén dispoñemos de monitores que poden encargarse dos máis pequenos pola tarde. Para máis información pode visitar a nosa web ou chamarnos por teléfono. Atentamente JORGE LÓPEZ MUIÑADA DE BAROSA, S.L. info@barosa.es Tf. 655952805 http://www.facebook.com/BarosaGastronatural www.barosa.es