XI Premio de Relatos Curtos e Contos Xaquina Trillo

A Fundación Amigos de Galicia, coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa, e o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pertencente á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, convoca o XI Premio de Relatos Curtos e Contos "Xaquina Trillo" para escolares, co dobre obxectivo de fomentar a creación literaria entre os nenos e mozos, e o uso do galego.
Poderán participar todos os escolares galegos ata 18 anos, dentro de dúas categorías (categoría A, ata 12 anos, e categoría B, entre 13 e 18 anos).
Os contos serán de tema libre, debendo ter na Categoría A unha extensión mínima de cinco folios, e de dez na Categoría B. En ámbolos dous casos, deberán presentarse dúas copias mecanografadas, a dobre espazo.
Os contos serán enviados polo seu autor ou polo Colexio/Instituto no que estude.

Establécense os seguintes premios:

CATEGORÍA A*: contos escritos por nenos de ata 12 anos.
1º Premio 200€ e 20 libros.
2º Premio 150€ e 20 libros.
3º Premio 100€ e 20 libros.
4º Premio 75€ e 20 libros.

CATEGORÍA B*: contos escritos por nenos de entre 13 e 18 anos.
1º Premio 200€ e 20 libros.
2º Premio 150€ e 20 libros.
3º Premio 100€ e 20 libros.
4º Premio 75€ e 20 libros.

O lugar de presentación é a sede da Fundación Amigos de Galicia en Rúa Fontecarmoa, nº 63 _baixo, 36600 de  Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), ou por correo electrónico: informacion@fundacionamigosdegalicia.org, e a data
límite de presentación será o 30 de abril de 2010.