Webinar online : Como cambiar a comunicación para ter relacións máis enriquecedoras cos nosos fillos e fillas

O próximo sábado 26 de setembro terá lugar o webinar para nais e pais “Como cambiar a comunicación para ter relacións máis enriquecedoras cos nosos fillos e fillas”

Porque acadar unha comunicación efectiva na familia está nas nosas mans. Conseguir entendernos mellor e ensinar aos nosos fillos como poden expresar as súas emocións, sen que a ira ou o enfado se apodere deles, son parte dos obxectivos deste seminario. No que aprenderemos técnicas que nos axuden a verbalizar positivamente as nosas necesidades e que nos facilitaran ter unhas relacións, máis sas con outras persoas. Será impartido pola especialista Sandra Negreira, coach executiva e formadora en habilidades persoais. 

Este seminario é unha actividade gratuíta e aberta á participación de calquera familia. Realizarase on line en directo de 11:00 a 12:30 horas, con interacción entre a relatora e os/as participantes, que poderán realizar preguntas ou comentarios no momento. Para participar necesítase un dispositivo con micro, cámara e conexión a Internet. E inscribirse neste enlace https://cutt.ly/efPNZXP antes do venres 25 de setembro

Esta actividade enmarcase no proxecto de Apoio á Parentalidade Positiva que Cruz Vermella desenvolve financiado pola Xunta de Galicia con fondos IRPF. O obxectivo do proxecto é fortalecer ás familias que viven en Galicia para que as necesidades e dereitos da infancia sexan satisfeitos, e para fomentar o goce de relacións familiares positivas que permitan o desenvolvemento dos seus membros.  Ademais tamén se realizan Escolas de Familias en varias localidades nas que se traballa sobre as principais competencias parentais, si queres obter máis información sobre estas iniciativas escribe a: moncas@cruzroja.es