Vivencias en familia 2017

Nota sobre a saída a Carboeiro (Silleda)

A saída de Pontevedra é ás 9.30 horas desde o Pazo de Cultura de Pontevedra e a chegada será as 19:00 horas aproximadamente.

A comida debe levala cada un pola súa conta

 

Nota urxente, do 6 de xuño sobre a saída á Illa de Sálvora

Adiántase ás 10:15 o embarque. Por motivos de organización o embarque, a empresa comunícannos que hai que estar no peirao de Bueu ás 10:15 da mañá do sábado. O barco sae ás 10:30 horas. O regreso será ás 20:00 horas aproximadamente

Lembramos tamén que hai que levar a comida/merenda así como bebidas (non hai onde comprar)

Nota do 30 de maio sobre o Cámping do Grove

O cámping chámase A Paisaxe 2( prema nesta ligazón para info. do establecemento)

A hora de chegada é as 11.00

Está incluída a comida e cea do sábado, o almorzo do domingo.

Para xantar ao mediodía do domingo hai que avisar no cámping e aboarlle a comida cada un pola súa conta.

Nota importante do 22 de maio

Saída a Xanceda, o 27 de maio: A saída terá lugar ás 9.00 h e a volta a partir das 18.00 (chegada ás 19.15 a Pontevedra, aprox.).
Lembrade que o xantar non está incluído e por tanto cada un debe levar os seus alimentos.

Nota importante do 25 de abril
Anúlanse as dúas datas da realización da vivencia nas pallozas. Nos vindeiros días poñerémonos en contacto con todas as persoas inscritas na actividade

 

O prazo de inscrición para todas as actividades é o seguinte:

  • Desde o 17 de xaneiro ao 28 de febreiro, incluídos

 

PALLOZAS DE ARENTEIRO-CARBALLIÑO

Datas:

  • Abril: 29, 30
  • Maio: 20, 21

Dúas quendas (débese escoller só unha):

  • 29 e 30 de abril
  • 20 e 21 de maio

O sábado ás 10.00 horas encontro no cámping e acomodo nas pallozas. Transporte particular.

  • Xogos cooperativos e de presentación, ruta de sendeirismo: visita ao complexo etnográfico e ruta arredor do Río Arenteiro, antiga fábrica de papel, balneario, etc
  • Obradoiro de achegamento á astronomía.
  • Observación astronómica.
  • Visita á piscifactoría do Carballiño.
  • Obradoiro de pegadas, rastros e sinais.

Domingo ás 21.00 horas retorno a Pontevedra.

O almorzo, xantar e cea será por conta dos participantes. Poden cociñar nas súas pallozas (levar os alimentos da casa) ou acudir ao restaurante do cámping.

É posible que sexa necesario compartir o aloxamento na mesma palloza entre varias familias, debido a que é imprescindible completar a capacidade de cada unha delas. Eses detalles seranvos comentados por teléfono, persoalmente en cada caso.

Prezo por persoa:

  • 10 euros socios de ANPA federada en FANPA
  • 30 euros non socios

 


CÁMPING CONCELLO DO GROVE

Datas de realización:

Xuño: 3 e 4

Sábado 3 chegada ó cámping ás 11:00 horas. Transporte particular.

  • Actividades acuáticas, actividade de rastrexo, actividades lúdicas no cámping e/ou na praia

O xantar e a cea do sábado e o almorzo do domingo están incluídos no prezo. As persoas que queden a comer o domingo pagarían 7 euros a maiores no mesmo día ao persoal do cámping e incluiría a merenda para levar.

Prezo por persoa en tenda de campaña (a levará cada familia):

  • 19 euros socios de ANPA federada en FANPA
  • 27 euros non socios

Prezo por persoa en bungalow:

  • 28 euros socios de ANPA federada en FANPA
  • 37 euros  para non socios

É posible que sexa necesario compartir o aloxamento do mesmo bungalow entre varias familias, debido a que é imprescindible completar a capacidade de cada un deles. Avisaráselles por teléfono persoalmente.

 


SAN CIBRAO DE LÁS

Día:

Maio: 13

Saída do autobús ás 9.30 h desde o Pazo da Cultura

  • 55 prazas dispoñibles
  • Visita guiada polo Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa
  • Obradoiro de elaboración de pan de landra
  • Xantar incluído. Débese avisar no caso de ter algunha alerxia alimentaria
  • Merenda non incluída. Cada participante pode levar a súa.
  • O regreso será ás 18.00 horas no mesmo lugar de recollida

 


GRANXA XANCEDA

Xa non quedan prazas

Datas:

Maio: 27

  • 55 prazas dispoñibles
  • Ás 9.00 h, saída desde o Pazo de Cultura
  • Pola mañá, visita á Aula da Natureza Brañas de Valga e á súa zona recreativa
  • Xantar non incluído. Cada un deberá levar a súa comida e bebida, xa que no lugar non hai posibilidades de comprala
  • Pola tarde, visita á Granxa Ecolóxica de Xanceda: animais, procesos e produtos elaborados, degustación
  • Regreso ás 18.00 h

 


ILLA DE SÁLVORA

Xa non quedan prazas

Data:

Xuño: 10

  • 100 prazas dispoñibles
  • Saída ás 10.00 h do peirao de Bueu
  • Hai que levar a comida e a bebida que se vaia consumir, non hai posibilidade de comprala no sitio
  • Ruta de sendeirismo e visita guiada polo Parque Nacional
  • Regreso ás 17.30 h

 


Método de inscrición:

Actividade/s nas que se solicita inscrición:
Día que solicita:
Nome completo do/s adultos (nai/pai etc):
Teléfono de contacto:
Nome de fillo/s ou fillas + idade:
Socio de ANPA si/non
Deberá enviarse un xustificante como unha foto do carné da ANPA ou recibo como anexo no correo
Notas : Poderá indicarse aquí cuestións de enfermidades/ circunstancias psicofísica especiais/ alerxias ou o que consideredes oportuno comentar.
  1. Unha vez que vostede envíe o correo, responderáselle coa confirmación da reserva, en tanto haxa prazas dispoñibles, e a indicación da cantidade que deberá ingresar.
  2. Para proceder ao pago deberá ir a  a través da nosa plataforma de pagos seguros (https://fanpa.gal/vivencias), introducir a cantidade e proceder ao pagamento polo método da súa elección: tarxeta de crédito ou transferencia bancaria (manterase a reserva ata un prazo de 48 horas, tras recibir a resposta de correo de parte da FANPA).

Pagamento de ‘Vivencias en Familia’

Nota:

Coma noutras ocasións, unha vez inscritos na actividade, non se devolverá a contía de inscrición a non ser que non se poida asistir por enfermidade ou causa análoga debidamente xustificada.

No caso de facer a transferencia bancaria en persoa, recoméndase facer o ingreso na oficina  propia da conta bancaria correspondente para evitar custos  adicionais (Oficina de ABANCA, Rúa José Malvar Figueroa, 14 – Pontevedra)

Descargar en PDF

 

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2016/11/vivencias2017-web.pdf”]