Vivencias en familia 2016

Actualización do 26 de maio: o roteiro das pallozas do Arenteiro celebrarase o 28 e 29 de maio como estaba previsto

Actualización do 25 de maio: o roteiro das pallozas do Arenteiro pasa a realizarse o 4 de xuño.

Actualización do 20 de abril: na viaxe ao Parque Zoolóxico de Marcelle, xa non quedan prazas.

Actualización do 24 de febreiro: na viaxe aos Museos da Coruña xa non quedan prazas.

Actualización do 5 de febreiro: na convivencia dos Ancares xa non quedan habitacións para cada familia pero si quedan prazas en liteiras, en cuarto común, e baño compartido.

Logo-Concello-de-Pontevedra-v1-Positivo-COR

VIVENCIAS EN FAMILIA:

 

Vivencias_en_familia_2016-ancares

OS ANCARES (20 e 21 de febreiro) DATA LÍMITE DE INCRICIÓN 15 DE FEBREIRO

Sábado 20 ás 11:00 h chegada e acomodo no albergue Ancares (Cervantes). Transporte particular.

  • Visita ao conxunto etnográfico de Piornedo, sendeirismo pola zona, xogos cooperativos, actividades complementarias e tempo libre para gozar da neve.

Domingo 21 ás 18:00 horas retorno a Pontevedra.

O almorzo e a cea están incluídos no prezo. O xantar será a cargo dos participantes.

Prezo por persoa: 18 euros socios de ANPA federada en FANPA / 35 euros non socios


Vivencias_en_familia_2016-museos-coruna

MUSEOS A CORUÑA (5 de marzo) DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN 29 DE FEBREIRO

Sábado 5 saída ás 9:00 horas do Pazo da Cultura de Pontevedra en autobús.

  • Visita á Casa das Ciencias con sesión de planetario, e visita á sala de exposicións. Visita ao Domus. Visita ao Aquarium.

Regreso ás 19:30 horas

O xantar será a cargo dos participantes. Hai unha zona para xantar con máquinas de bebidas e bocadillos.

Prezo por persoa: 10 euros socios de ANPA federada en FANPA / 20 euros non socios


Vivencias_en_familia_2016-somiedo

PARQUE ZOOLÓXICO MARCELLE (14 de maio) DATA LÍMITE DE INSCRCIÓN 9 DE MAIO

Sábado 14 saída ás 9:00 horas do Pazo da Cultura de Pontevedra en autobús.

  • Percorrido guiado polas instalación do complexo.

Regreso ás 18:30 horas.

O xantar será a cargo dos participantes. O complexo conta cun restaurante.

Prezo por persoa: 10 euros socios de ANPA federada en FANPA / 20 euros non socios


Vivencias_en_familia_2016-pallozas

PALLOZAS DE ARENTEIRO-CARBALLIÑO (28 e 29 de maio) DATA LÍMITE INSCRCIÓN 23 DE MAIO

O sábado 28 ás 10 h encontro no cámping e acomodo nas pallozas. Transporte particular.

  • Xogos cooperativos e de presentación, ruta de sendeirismo: visita ao complexo etnográfico e ruta arredor do Río Arenteiro, antiga fábrica de papel, balneario, etc. Obradoiro de achegamento á astronomía. Observación astronómica. Visita á piscifactoría do Carballiño. Obradoiro de pegadas, rastros e sinais.

Domingo 29 ás 21 horas retorno a Pontevedra.

O almorzo, xantar e cea será a cargo dos participantes. Poden cociñar nas súas pallozas (levar os alimentos da casa) ou acudir ó restaurante do cámping.

Prezo por persoa: 10 euros socios de ANPA federada en FANPA / 30 euros non socios


Vivencias_en_familia_2016-ogrove

CÁMPING CONCELLO DO GROVE (4 e 5 de xuño) DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN 30 DE MAIO

Sábado 4 chegada ó camping ás 11:00 horas. Transporte particular.

  • Actividades acuáticas, actividade de rastrexo, actividade: Que apostamos?, ruta Pedras Negras

O xantar e a cea do sábado e o almorzo do domingo están incluídos no prezo. As persoas que queden a comer o domingo pagarían 7 euros a maiores no mesmo día e incluiría a merenda para levar.

Prezo por persoa en tenda de campaña (a levará cada familia): 19 euros socios de ANPA federada en FANPA / 30 euros non socios

Prezo por persoa en bungalow: 27 euros socios de ANPA federada en FANPA / 35 euros non socios

Inscricións mediante correo electrónico a actividades@nontedurmas.org, indicando a vivencia na que se inscribe, nome e apelidos dos participantes, idades e copia do certificado ser socio de ANPA federada. Ingreso no número de conta

ES5720805403403040102986

 

Nota: Coma noutras ocasións, unha vez inscritos na actividade, non se devolverá a contía de inscrición a non ser que non se poida asistir por causa grave debidamente xustificada.

vivencias2016