Vikings Adventure, campamento de inglés en Catoira.

A ANPA DO CPI PROGRESO DE CATOIRA ORGANIZA UN CAMPAMENTO DIURNO DE INGLÉS "VIKINGS ADVENTURE"

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Público Integrado Progreso de Catoira informa que está aberto o prazo de inscrición, para todos aqueles interesados sean ou non do concello de Catoira, no campamento diúrno de inglés "Vikings adventure" que terá lugar en Catoira entre o 1 e 12 de xullo “agás sábados e domingos”.

Dado o éxito de participación das actividades extraescolares de inglés organizadas durante este curso, nas que participaron máis de 60 alumnos, a ANPA deu o paso de organizar unha actividade intensiva no verán orientada a mellorar o nivel de inglés do alumnado, ó mesmo tempo que se fomenta a prática de exercicio físico e as relacións de convivencia e colaboración entre os participantes. A proposta está a ter unha gran acollida e xa se tramitaron 30 inscricións.

O campamento está dirixido a nenos/as de 4 a 14 anos  que estarán divididos en diferentes grupos de idade. As actividades estarán dirixidas por monitores especializados e formados cun alto nivel de inglés e impartiranse tanto en horario de mañá como de tarde, ofrecéndose a posibilidade de quedar a comer.

As actividades, deseñadas en función dos grupos de idade, inclúen rutas de sendeirismo percorrendo lugares de interese do concello, e outras actividades deportivas, como piragüismo, kitesurf, ciclismo, patinaxe, fútbol, etc. Tamén se organizarán obradoiros de manualidades e medioambientais, así como xogos colectivos e de entretemento.

O prazo de inscrición no campamento remata o 20 de maio. As persoas interesadas poden contactar coa ANPA no correo anpa.aslombas@gmail.com ou no teléfono 619 778 421.

O campamento está organizado pola ANPA As Lombas e The Out Back Languages, coa colaboración do CPI Progreso de Catoira, o Concello de Catoira e o Club de Piragüismo As Torres-Romaría Vikinga.

Díptico

Ficha preinscrición