VI Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados

 

 

O CONCELLO DE SANTIAGO E KALANDRAKA CONVOCAN O VI PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DOTADO CON 9.000 EUROS AO MELLOR ÁLBUM ILUSTRADO

 

O prazo de recepción de traballos conclúe o 1 de marzo e o fallo do xurado darase a coñecer sobre o 2 de abril

 

O Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka Editora convocan o VI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos concluirá o 1 de marzo de 2013 e o fallo do xurado darase a coñecer arredor do 2 de abril, no marco do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e das actividades da XIII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

 

MÁIS INFORMACIÓN na nota adxunta e na web: http://www.kalandraka.com/ga/premio-compostela

……………………………………………………………………………………………………