Sistema de inscricións e reserva en liña

Desde este momento poñemos en marcha un sistema de reserva e inscrición nas actividades da FANPA. Instrucións: – 1 Navegar polos menús para atopar a ludoteca ou actividade de interese. – 2 Cubrir os datos do formulario, especialmente o correo electrónico. – 3 Enviar. Recibirá unha mensaxe no seu correo, indicando a recepción da solicitude de reserva. – 4 A partir de aquí siga as instrucións que recibirá por correo electrónico para a entrega da documentación e a realización do pagamento A reserva ten a mesma validez que feita directamente na sede da FANPA Este servizo ponse en marcha pola demanda dos pais que non poden acceder en horario de oficina da FANPA e débese considerar con certo carácter experimental, polo que agradecemos as vosas valoracións desta iniciativa. Prema na imaxe para acceder