Seminario de mellora da dinámica familiar a través do xogo da Cruz Vermella

Programa Apoio á Parentalidade Positiva

Cruz Vermella ten un novo proxecto: “Apoio á Parentalidade Positiva” destinado a familias con nenos, nenas e adolescentes. O obxectivo é fortalecer ás familias para que as necesidades e dereitos da infancia sexan satisfeitos, e para fomentar o goce de relacións familiares positivas que permitan o desenvolvemento dos seus membros. 

No marco deste proxecto vos convidamos a participar o sábado 27 de xuño de 11:00 a 12:30 horas no seminario on line en directo sobre a “Mellora da dinámica familiar a través do xogo”, que será impartido por Mónica Rial, psicopedagoga e psicóloga sanitaria, especialista en trastornos do desenvolvemento, infancia e adolescencia. 

Como sabedes este ano está a ser especial, xa que o confinamento e a falta de clases presenciais provoca unha convivencia moi intensa, onde ademais de pais e nais, fomos profes e amigos. Agora temos por diante un verán diferente, nunha etapa de incertezas e onde máis que nunca unha crianza en positivo facilitará o noso día a día. Por iso, estas accións teñen máis importancia que nunca, as familias debemos satisfacer as necesidades fisiolóxicas, emocionais e afectivas dos nosos fillos e fillas, é dicir, debemos garantir un desenvolvemento saudable dos nenos/as promovendo un vínculo seguro a través da actividade física, o xogo e a estimulación.  

Este webinar é unha actividade gratuita e aberta á participación de calquera familia, especialmente aquelas con nenos e nenas ata 12 anos. Realizarase en directo con interacción entre a relatora e os/as participantes, que poderedes realizar preguntas ou comentarios no momento. Para participar se necesita un dispositivo con micro, cámara e conexión a Internet.

Para participar hai que inscribirse neste enlace https://cutt.ly/3ucQ00W antes do venres 26 de xuño. Logo enviarémosvos unhas sinxelas instrucións e o código de acceso.

Dentro do programa tamén contaremos cunha escola de país, nas cales trataremos temas relacionados coas competencias parentais e que resultan moi útiles na complexa tarefa de educar. Se estades interesados ou ante calquera dúbida contactádenos!

 

Animádevos a participar e difundide entre os vosos achegados!!