Saída en familia á Illa de Ons con representación teatral

campamento_ons

DATA:

18 de xuño de 2016

PROGRAMA:

11:30 – Embarque en Bueu

11:45 – Embarque en Portonovo

12:20 – Chegada a Ons

12:45 – Inicio do paseo guiado por Ons – “Laxe do crego e praias” Aprox. 1h 15min

14:00 – Tempo libre para comida e praia

18:00 – Obra de teatro “A gaivota Antón”. Aprox. 1h 20min

Contido: espectáculo teatralizado onde se representará o conto de Pilar Yturbe e Álvaro Castro. É a historia dunha gaivota que viaxará ás Illas Cies e no seu camiño encóntrase con diferentes personaxes que a guiarán cara a súa meta.

20:00 – Embarque en Ons

20:35 – Chegada a Portonovo

20:50 – Chegada a Bueu

INSCRICIÓN:

Enviar un correo electrónico  a actividades@nontedurmas.org, onde figure o nome das persoas participantes, a idade e un teléfono de contacto.

Prazo para a reserva de praza: 1 de xuño ás 14:00 horas.

O día 2 publicaremos a listaxe de participantes neste web nontedurmas.org. O ingreso efectuarase  no número de conta ES16 2080 5403 4030 4011 9244 (Abanca) os días 3,4 e 5 de xuño.

PREZO:

Nenos de 3 anos  ou menos: gratis

Socios de ANPA federada: 9 euros por persoa (ENVIAR XUSTIFICANTE DE PAGO DA ANPA)

Non socios: 15 euros por persoa

Comments:1

Comments are closed. You can not add new comments.