Roteiros en familia 2017

É unha actividade dirixida a familias que ten como finalidade pasar tempo de lecer na natureza, e aumentar o coñecemento da nosa contorna.

Ábrese o prazo de inscrición para os roteiros en familia. O prazo para anotarse a cada un dos roteiros remata 10 días antes da data de realización de cada un deles. Poderá facerse a solicitude de inscrición mediante correo electrónico dirixido a actividades@nontedurmas.org ou presencialmente na sede da FANPA.

Realizaranse dende novembro a maio. O proceso de pagamento realizarse tras a confirmación da praza

NOVEMBRO

12/11/2017
Serra da Groba (Baiona)
Saída en BUS ás 9:00h e regreso ás 14:00 h no Pazo da Cultura Pontevedra

26/11/2017
Monte Penizas (Marín)
Encontro en transporte particular ás 9:30 no parque dos sentidos (xunto ao quiosco).

DECEMBRO:

17/12/2017
Espazo Natural 7 camiños (Lourizán).
Encontro en transporte particular ás 9:30 na área recreativa “O Regueiriño”.

XANEIRO:

14/1/2018
Senda litoral do Castrelo.
Encontro en transporte particular ás 9:30 na zona do Facho.

28/1/2018
Cabo Udra (Bueu)
Encontro en transporte particular ás 9:30 no aparcamento da entrada ao Cabo.

FEBREIRO:

25/2/2018
Monte do Seixo (Cerdedo)
Saída en BUS ás 9:00h e regreso ás 14:00 h no Pazo da Cultura Pontevedra

MARZO

11/3/2018
Monte Lobeira (Vilagarcía)
Saída en BUS ás 9:00h e regreso ás 14:00 h no Pazo da Cultura Pontevedra

ABRIL

8/4/2018
Cotorredondo-Lago Castiñeiras
Encontro en transporte particular ás 9:30 no .

28/4/2018
A Guarda- Santa Trega
Saída en BUS ás 9:00h e regreso ás 19:00 h no Pazo da Cultura Pontevedra

MAIO

12/5/2018
Corrubedo-Ribeira
Saída en BUS ás 9:00h e regreso ás 19:00 h no Pazo da Cultura Pontevedra