Programación Escolas de Verán 2011

MENÚS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

COMEDOR

1ª QUINCENA XULLO

MENU_1_QUINCENA_DE_JULIO_2011.pdf

2ª QUINCENA DE XULLO

MENU_2_QUINCENA_JULIO_COMEDOR_2011.pdf

1ª QUINCENA DE AGOSTO

MENU_1_QUINCENA_DE_AGOSTO_COMEDOR_2011.pdf

2ª QUINCENA DE AGOSTO

menu_comedor_agosto.pdf

 

MADRUGA

1ª QUINCENA DE XULLO

menu_ludoveran_1_x.pdf

2ª QUINCENA DE XULLO

menu_ludoveran_2_xullo-2.pdf

1ª QUINCENA DE AGOSTO

menu_ludoveran_1_x.pdf

2ª QUINCENA DE AGOSTO

menu_ludoveran_2_agostO.pdf

 

PROGRAMACIÓN

As actividades temáticas son o elemento motivador e de conexión entre as distintas áreas ou bloques de actividades ao longo dunha quincena.

En cada actividade temática os nenos/as das escolas terán a oportunidade de implicarse nun novo proxecto, nunha nova aventura na que participarán activamente a través de diferentes propostas: ambientacións, xogos, obradoiros, saídas,….

As actividades temáticas levaranse a cabo en tódalas escolas de verán adaptando a súa planificación a temporalización e características de cada unha delas .

En canto a súa execución, as actividades temáticas compaxínanse cos demais bloques de actividades, podendo formar parte deles ou non, por exemplo, nunha sesión podemos facer un obradoiro relacionado coas culturas do mundo , e logo realizar deportes e xogos variados.

Temas das Escolas de verán:

  • Primeira quincena de xullo- africana

  • Segunda quincena de xullo- americana

  • Primeira quincena de agosto -asiática

  • Segunda quincena de agosto -europea

LUDOTECA

 

A ludoteca é un espazo onde os nenos e nenas terán a súa disposición xogos e xoguetes axeitados as distintas idades para a interacción entre iguais, estes estarán colocados ao alcance dos nenos/as distribuídos por zonas segundo o tipo de xogo ou actividade: xogos simbólicos, psicomotrices, construción, música, xogos de mesa, animación a lectura, …

 

XOGOS E DEPORTES

Son actividades para o divertimento e o desenvolvemento físico e motriz do nenos/as, extraendo o compoñente competitivo das mesmas

 

OBRADOIROS

Cos obradoiros buscamos que os nenos e nenas se expresen de maneira creativa utilizando diferentes medios de expresión (plástica, musica, teatro, títeres), estando as diferentes propostas relacionadas coas actividades temáticas, e adaptando o grao de dificultade ás idades dos participantes.

 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DA ESCOLA DE VERÁN PLAYING IN SUMMER

 

Na Escola de verán de Playing in summer a maior parte das actividades desenvolveranse en lingua inglesa potenciando a utilización deste idioma como medio de comunicación e expresión.

Dentro da programación de actividades diarias introduciremos dinámicas e xogos de observación, conversación, invención, dramáticos, narrativos, …..encamiñados a ampliar o vocabulario esencial e as capacidades comunicativas en inglés.

 

ACTIVIDADES ESPECIAIS:

 

  • Visita as colonias de personaxes, e profesionais que nos ven a animar ou a contar experiencias relacionadas coa súas profesións.

  • Actividades de xardinería ou horto.

 

SAÍDAS

 

En todas as Escolas de verán realizamos polo menos unha saída por quenda.

 

CORRESPONDENTES AO MES DE XULLO :

 

  • Primeira quincena de xullo

 

O Parque dos Sentidos

 

A finca consta de tres casas, está rodeado por unha muralla e no seu interior atopamos árbores froiteiras, especies autóctonas e viñas así coma un pequeno lago.
Foi inaugurado o pasado mes de maio e comprende un auditorio ao aire libre e o parque dos sentidos como espazo estrela do conxunto cunha lagoa natural e outra artificial e a ladeira dos sentidos, todo isto sobre unha superficie de 23.690 metros cadrados

 

 

DATA

ESCOLAS DE VERÁN

Día 8 /07/2011

Suspendida , por mor do tempo

Día 12/07/2011

Suspendida , por mor do tempo.

Día 14/07/2011

Escolas de verán Playing in summer,Xunqueira I e Xeve

Día 15/07/2011

Escolas de verán A Xunqueira II e Vilaverde

 

 

  • Segunda quincena de xullo.

 

 

Finca de Montero Ríos, Lourizán

Situada na marxe esquerda da ría entre Pontevedra e Marín , está considerada coma unha xoia do patrimonio botánico de Galicia, seguindo o camiño de acceso atopamos varias fontes historícas :

A fonte da Cuncha (S XVIII)

A fonte dos tornos (S XVII) con lavadoiro

A fonte – gruta dos espellos (S XIX) cun curioso emprego do cemento da época e o vidro de cores.

DATA

ESCOLAS DE VERÁN

Día 21/07/2011

Escolas de verán A Xunqueira II e Vilaverde

Día 22/07/2011

Escolas de verán Playing in summer,Xunqueira I e Fina Casalderrey.

Día 27/07/2011

Escolas de verán Campolongo e Xeve

 

Día 28/07/2011

Escolas de verán Campolongo

 

Tamén se realizarán rutas e saídas nas que aproveitaremos o entorno próximo de cada unha das escolas de verán como por exemplo:

 

 

  • Ruta polo río dos Gafos

  • Ruta polo río Lérez

  • Rutas pola Xunqueira

  • Parque do Miradoiro …

  •  

    • Segunda quincena de xullo.

     

    Finca de Montero Ríos, Lourizán

    Situada na marxe esquerda da ría entre Pontevedra e Marín , está considerada coma unha xoia do patrimonio botánico de Galicia, seguindo o camiño de acceso atopamos varias fontes historícas :

    A fonte da Cuncha (S XVIII)

    A fonte dos tornos (S XVII) con lavadoiro

    A fonte – gruta dos espellos (S XIX) cun curioso emprego do cemento da época e o vidro de cores.

     

     

    DATA

    ESCOLAS DE VERÁN

    Día 21/07/2011

    Escolas de verán A Xunqueira II e Vilaverde

    Día 22/07/2011

    Escolas de verán Playing in summer,Xunqueira I e Fina Casalderrey.

    Día 27/07/2011

    Escolas de verán Campolongo e Xeve

     

    Día 28/07/2011

    Escolas de verán Campolongo

     

     

    Tamén se realizarán rutas e saídas nas que aproveitaremos o entorno próximo de cada unha das escolas de verán como por exemplo:

  • Ruta polo río dos Gafos

  • Ruta polo río Lérez

  • Rutas pola Xunqueira

  • Parque do Miradoiro …

 

CORRESPONDENTES AO MES DE AGOSTO :

 

  • Primeira quincena de agosto

 

 

Apípolis é un centro para a comprensión das relación existentes entre os seres humanos e as abellas, que se enmarca dentro dos equipamentos para a educación ambiental. Os elementos que conforman Apípolis fan que os visitantes aprendan todo o referente ás abellas ao tempo que o pasan ben, conseguindo que a visita se converta nunha experiencia gratificante e enriquecedora.

Apípolis atópase nunha finca de 10.000m que conta con varias salas de exposicións, zonas axeitadas para o descanso e o xogo, unha sala de usos múltiples e varios obradoiros destinados a realización de diferentes actividades.

 

 

DATA

ESCOLAS DE VERÁN

Día 4/08/2011

Escolas de verán Campolongo

 

Día 5/08/2011

Escolas de verán Campolongo e Vilaverde

 

Día 9/08/2011

Escolas de verán de Xunqueira II e Fina Casalderrey

 

 

Día 11/08/2011

Escolas de verán Xunqueira I, Playing in summer ,e Xeve

 

 

ACTIVIDADES DAS DISTINTAS ESCOLAS DE VERÁN

 

Campolongo campolongo.pdf

Xunqueira 2 xunqueira_2.pdf

Xunqueira 1 playing_summer.pdf

Vilaverde, Fina Casalderrey e Sto. André de XeveESCOLAS_RURAIS.pdf

Actividades agosto actividades_agosto.pdf