Programación do obradoiro de SLIME

(calendario corrixido)

Dende Di+, centro de estudios, os presentamos a nosa proposta de obradoiros para nenos e nenas no período vacacional do nadal de 2018.

As actividades están pensadas para acadar un máximo de 20 participantes. O lugar de realización será o local da fanpa, polo que teremos en conta as dimensións e as instalacións das que dispoñemos.
Os obradoiros terán unha duración dunha hora.

SLIME

O Slime é a última moda de “xoguete caseiro”, é unha masa ou xelatina elástica e viscosa que os nenos/as utilizan para divertirse e desestresarse.

Realizaremos diferentes receitas caseiras, de diferentes cores, con purpurinas, brillantinas , area e diferentes sorpresas. Aproveitaremos para explicar cales son as receitas que non debemos utilizar para que o noso xoguete non se transforme en algo perigoso.

Ensinaremos diferentes xeitos de poder usar o noso slime e sacarlle mais partido na nosa vida cotiá “hacks life”.

Obxectivos:

– Facilitar unha alternativa de ocio dos nenos e nenas durante o período vacacional do Nadal, promovendo a conciliación da vida laboral, persoal e familiar.
– Desenvolver a observación, a imaxinación e a creatividade.
– Fomentar o traballo en equipo e mellorar a habilidade manual.

Metodoloxía

A metodoloxía empregada o longo do programa de actividades vai ser totalmente participativa, activa e de descubrimento. No que os participantes estarán involucrados desde o primeiro o último instante no desenvolvemento das actividades.

As datas propostas son as seguintes, no horario de 11:00-12:00.

Mércores 26 Decembro: Slime multicolor con brillantina

O Slime multicolor trátase de facer un Slime onde utilizaremos colorantes para poder obter deferentes cores ademais de agregar purpurina para darlle brillo.
Material necesario: cola branca, espuma afeitar, líquido de lentes de contacto, purpurina, colorante alimenticio, cuncas de plástico, culleres de plástico, guantes látex e filme transparente

Xoves 27 Decembro: Slime radioactivo

O Slime radioactivo trátase de facer un Slime onde utilizaremos pintura fluorescente para poder obter unha cor radioactiva.
Material necesario: pegamento escolar transparente, auga, pintura fluorescente amarela, pintura fluorescente laranxa, bicarbonato sódico, líquido de lentes de contacto, cuncas de plástico, culleres de plástico, guantes látex e filme transparente.

Venres 28 Decembro: Slime con area kinética

O Slime Kinético trátase dun Slime onde utilizaremos area fina de cores para poder obter un Slime de diferente textura.
Material necesario: cola branca, xabón de mans, acondicionador, colorante alimenticio, líquido de lentes de contacto, area fina, cuncas de plástico, culleres de plástico, guantes látex e filme transparente.

Mércores 2 Xaneiro: Slime de pedrerías

O Slime de pedrerías trátase de facer un Slime onde utilizaremos perlas brillantes para facer o Slime de diferente textura as anteriores.
Material necesario: pegamento escolar transparente, bicarbonato sódico, perlas brillantes, líquido de lentes de contacto, cuncas de plástico, culleres de plástico, guantes látex e filme transparente.

Xoves 3 Xaneiro: lapiseiro con slime

Nesta ocasión, para ver os diferentes usos que podemos facer do noso Slime, crearemos o noso propio lapiseiro utilizando como base 3 Slime.
Material necesario: pegamento escolar transparente, colorante alimenticio, purpurina de 3 cores diferentes, deterxente líquido, vasos transparente de plástico, cuncas de plástico, culleres de plástico, guantes látex e filme transparente.