Programación de teatro «Os domingos do Principal» a partir de xaneiro

Domingos do Principal volve de novo.
Un ano máis, a cidade de Pontevedra acollerá unha selección dos mellores espectáculos para público familiar.
Este ano tamén haberá dobre función, de mañá e de tarde.
As funcións para público familiar serán ás 12:00 h e ás 18:30 h no Teatro Principal de Pontevedra.


Programa


Domingo 21 de xaneiro • Teatro Principal • 12:00 e 18:30 h
Universario
Por Marcel Gross (Catalunya)
Nun pequeno universo de letras vogais que se transforman en
edificios e paisaxes, Marcel brinca coas palabras e os obxectos e
transforma a realidade a base de risa e imaxinación.
Un presentador impresentábel, un mimo falante, un concertista
desconcertante, un ilusionista desilusionado, un oriental
desorientado e un astronauta desorbitado… son algúns dos
convidados, só faltas ti… Feliz “UNIVERSARIO”!!!
Clown.
Duración: 55 minutos
Recomendado a partir de 3 anos


Domingo 28 de xaneiro • Teatro Principal • 12:00 e 18:30 h
Rubicundo
Por Teatro dos Ghazafelhos (Galiza)
Todas as noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore
do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara
neste personaxe, enfundado nun gabán e chapeu de copa.
Ninguén, agás Erea. Disposta a chegar até o fin daquel misterio…
Pois así era esta rapaza… curiosa e soñadora…
Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a
constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os
nosos soños sen sentir límites nin distancias…
Teatro de actor.
Duración: 50 minutos
Recomendado a partir de 5 anos


Domingo 4 de febreiro • Teatro Principal • 12:00 e 18:30 h
Refugie Poetique
Por Claire Ducreux (Francia)
Un vagabundo elixe un cruzamento de rúas como refuxio
provisional, converte dous valados de obra nas portas do seu
universo, unha ponte convértese nun barco e unha escultura no
seu compañeiro de viaxe.
Espectáculo de danza-e teatro visual.
Duración: 60 minutos
Recomendado a partir de 6 anos


Domingo 18 de febreiro • Teatro Principal • 12:00 e 18:30 h
Concerto Singular
Por Píscore (Galiza)
Catro actores/músicos, 16 baquetas e só unha marimba.
Un pouco complicado para dar un concerto, pero os catro músicos
van intentar sacarlle partido. Equívocos, probas, solucións loucas…
Até que por fin logran poñerse de acordo e sacar un son incríbel
despois de moitas risas.
Musicomedia xestual.
Duración: 60 minutos
Recomendado a partir de 4 anos


Domingo 25 de febreiro • Teatro Principal • 12:00 e 18:30 h
Me llamo Suleiman
Por Unahoramenos (Canarias)
Isabel conta a historia de Suleiman, un adolescente que emprendeu
viaxe desde a África negra e chegou ás Canarias. Un relato
emocionante cunha posta en escena sorprendente, que pretende
contribuír ao achegamento entre quen emigra e quen recibe ao
emigrante.
Espectáculo creado a partir do libro de Antonio Lozano do mesmo
título (Ed Anaya).
Premios Réplica 2015: Mellor interpretación feminina, Mellor
escenografía, Mellor autor, Mellor dirección, Mellor espectáculo e
premio especial do público.
Duración: 70 minutos
Recomendado a partir de 12 anos


Domingo 4 de marzo • Teatro Principal • 12:00 e 18:30 h
O Faiado
Por Teatro ó cubo (Galiza)
Vera, Roi e Anxo son tres irmáns con xeitos diferentes de ver o
mundo. Despois dun acontecemento familiar que podería cambiar
o curso das súas vidas, vense na necesidade de chegar a un
acordo para o cal terán que confrontar o seu ideario no faiado da
casa do seu avó onde medraron, xogaron e soñaron, alimentados
polas moitas historias que este lles contaba na súa infancia.
Novo circo
Duración: 55 minutos
Recomendado a partir de 5 anos


Domingo 11 marzo • Teatro Principal • 12:00 e 18:30 h
Mundo Lirondo
Por Spasmo Teatro (Salamanca)
Fai as malas, apaña o teu pasaporte e a túa cámara de fotos e
prepárate para a maior e máis divertida aventura da túa vida!
Unha viaxe na que os nosos amigos percorren o mundo enteiro
con todo tipo de aventuras -cada unha mais disparatada que a
anterior- que nos farán rir e gozar durante toda a función.
Premio mellor espectáculo infantil na Feira de Teatro de Castilla y
León, Ciudad Rodrigo 2017.
Teatro de humor.
Duración: 60 minutos
Recomendado a partir de 6 anos

Abono para as 7 funcións: 21,00€ (máis gastos de tramitación).
Podes mercar o teu abono exclusivamente por billeteira telefónica ou por internet.

Poderás escoller entre dous tipos de abono:
1) Abono de mañá: Darache acceso ao pase matinal das 12:00 h nas 7 funcións do Teatro Principal.
2) Abono de tarde: Darache acceso ao pase das 18:30 h nas 7 funcións do Teatro Principal.

Descargar o folleto completo

PROGRAMA_domingos_2018_