Programa PAE 2018 – 2019

(Apoio específico a nenos e nenas  con NEE)

Hoxe en día, hai unha considerable  porcentaxe  de nenos e nenas en idade escolar que presentan necesidades educativas específicas (TDAH, TEA, Trastornos de aprendizaxe…) e que se  manifestan en niveis de atención, concentración, actividade, distracción, impulsividade, sociabilidade, … inadecuados  para a súa idade.

Estas necesidades, reflicten situacións complexas , a miúdo ligadas a diferentes patoloxías , que manifestan  múltiples expresións do sufrimento infantil afectando a aspectos fundamentais da vida do neno/a.  Dende moi pequeno pode sentirse  alleo ao grupo de amigos e compañeiros e percibir o rexeitamento  en varios ámbitos  en relación  ao conflito que o seu comportamento  crea  no entorno. Pode ter   dificultade para fixar a atención, seguir unhas pautas sinxelas  de comportamento ou  recordar a necesidade de realizar tarefas, o que a miúdo o leva ao  fracaso escolar, baixa autoestima, inseguridade afectiva, etc.

A intervención  depende de cada caso individual, implicando  simultánea e coordinadamente  terapéutica psicolóxica, psicopedagóxica, nalgún caso farmacolóxica e psicosocial.  Ningunha destas modalidades é única e exclusiva, nin pode suplir ás demais.

Dende esta visión integradora e interdisciplinar o Programa PAE  vai dirixido a alumnos/as  de Educación Primaria e Secundaria e abrangue tanto a intervención terapéutica grupal cos menores  como  a colaboración,  apoio e formación ao seu entorno familiar e educativo:

 

 Intervención terapéutica en grupo co neno/a dende dúas liñas de traballo:

  • Atención  Cognitiva  (unha sesión á semana)
  • Atención  Psicomotriz (unha sesión á semana)
  • Formación ás familias facilitándolles información actual para poder comprender aos seus fillos/as, así como proporcionándolles  estratexias e ferramentas precisas que favorezan a comunicación positiva  e a creación dun clima familiar adecuado que posibilite unha melloría do  autoconcepto e  da autoestima de tódolos membros/as da familia, en especial do neno/a con NEE.
  • Colaboración co centro, a través do departamento de orientación co  asesoramento e apoio ás familias así como o  mantemento dunha   vía de comunicación entre os profesionais do Programa e os do centro educativo que facilita e optimiza o asentamento dos avances alcanzados polos participantes no programa.

Horario

As intervencións desenvólvense os mércores no CEP Campolongo,  sendo unha das sesión de psicomotricidade e outra  de intervención  cognitiva, a hora está en función do grupo ao que pertenza cada un dos participantes.

Información e contacto

FANPA  Pontevedra: r/ Xan Guillerme 9, 986 843 412 ou no e-mail actividades@nontedurmas.org

ANIAS: r/ Echegaray 39, 986 864 598/ 615 780 528 ou no e-mail extraescolares@anias.es

Táboa  de prezos  do Programa PAE

Alumnos/as Lugar de Realización Prezos Achega da FANPA
De Colexios  Públicos de Pontevedra CEP Campolongo 80€ 25€
De resto de Colexios de Pontevedra CEP Campolongo 105 € 0€
De Colexios de Portonovo Multiusos Portonovo 115€ 0€

 

Comentarios0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*