Programa de estimulación mental con ábaco curso 2018/2019

Estimulación mental con ábaco.

 NeuromotivaNENOS  para Educación Primaria e Secundaria    

É un novo concepto no ámbito da estimulación cognitiva. Chamada ximnasia ou fitness mental utiliza como ferramenta o ábaco e outras actividades complementarias que potencian a  exercitación de diversas capacidades que axudan a:

  • Mellorar a concentración e a atención
  • Estimular a memoria auditiva e visual
  • Desenvolver a destreza do cálculo mental
  • Establecer unha base sólida para o logro académico
  • Aumentar a autoconfianza
  • Estimular todas as canles de aprendizaxe: visual-auditivo-kinestésico.
  • Fomentar o interese e a motivación de logro.

Facendo ao alumno partícipe directo do seu propio proceso de adestramento  ata que alcance o formato natural e apropiado do seu pensamento e iso lévelle a poder aprender o que queira en calquera momento e situación aproveitando ao máximo o  seu potencial intelectual.

NEUROMOTIVA  CÁLCULO MENTAL CON ÁBACO
CENTRO NO QUE SE DESENVOLVE DÍAS DESTINATARIOS HORARIO
CAMPOLONGO MARTES E XOVES PRIMARIA 16:30 a 17:30
MARTES E XOVES PRIMARIA 17:30 a 18:30
ÁLVAREZ LIMESES LUNS E VENRES PRIMARIA 16:30 a 17:30
LUNS E VENRES PRIMARIA 17:30 a 18:30
BARCELOS MÉRCORES PRIMARIA 16:30 a 18:30

NeuromotivaPEKES  para Educación Infantil.

É unha actividade que potencia a estimulación cognitiva e sensorial a través de  diferentes actividades (xogos, cancións, exercicios e actividades co ábaco  fundamentalmente), que facilitan:

  • A estimulación do xogo ordenado e preciso co ábaco escolar para adestrar a  atención e promover a creatividade.
  • A estimular todas as canles de aprendizaxe: visual-auditivo-kinestésico.
  • O fomento do interese e a motivación de logro
NEUROMOTIVA CÁLCULO MENTAL  PREÁBACO
CENTRO NO QUE SE DESENVOLVE DÍAS DESTINATARIOS HORARIO
BARCELOS MÉRCORES E. Infantil 17:30 a 18:30
EEI CRESPO RIVAS MÉRCORES E. Infantil 16:30 a 17:30

 Información e contacto

FANPA  Pontevedra r/ Xan Guillerme 9, 986 843 412 ou no e-mail actividades@nontedurmas.org

ANIAS: r/ Echegaray 39, 986 864 598/ 615 780 528 ou no e-mail extraescolares@anias.es

Táboa de prezos do Programa Neuromotiva

Alumnos Prezo  ANPAS federadas Prezo  ANPAS   non federadas
De E. Primaria  e ESO  40€ 45€
De E. Infantil 20€ 25€

Custo do material por curso 30€

 

Comentarios0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*