Programa de Avaliación e Divulgación sobre a Prevención da Osteoporose

A Concellaría de Educación, Universidade e Deporte do Concello de Pontevedra está a colaborar coa Fundación Educación, Deporte y Salud (FEDYS) e a Fundación Hispana de Osteoporosis y Enfermedades Metabólicas, no Programa de Avaliación e Divulgación sobre a Prevención da Osteoporose.

Este programa, que se levara a cabo os días 16 e 17 de abril de 2012, ten como compromiso e obxectivo fundamental ofrecer información sobre a prevención e tratamento da osteoporose, enfermidade que nos últimos tempos presenta un aumento do número de afectados debido, entre outras causas, ao envellecemento poboacional.

O programa contará coas seguintes actividades abertas ao público en xeral: proba densitométrica ósea e charla informativa.

– A charla informativa será o luns 16 ás 19,30 h no Pazo de Cultura a cargo da ponente Sandra Fernández Carrera1.

– A proba densitométrica será en tanto o luns 16 coma o martes 17 en horario de 10 a 14 h e de 15 a 18 h. Cada día poden atenderse arredor de 420 persoas.

 

Os contidos que se van tratar na charla informativa son:

Actividade física como factor protector da saúde.

Nutrición.

Tabaco, alcol e drogas.

A osteoporose: riscos e medidas de prevención.

No IES Sánchez Cantón haberá unha charla para o alumnado de 3º e 4º da ESO do centro.

1Responsable áreas de Deporte e Saúde da FEDYS, Experta universitaria en Prescrición de exercizo físico saudable e Licc. en Cc. da actividade Física e o Deporte

Cartel