Programa “CONTA COMIGO” 2012

Un programa divertido e alternativo para gozar do tempo de lecer en familia.

 

Conta Comigo é un programa de lecer e tempo Libre organizado pola Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA) en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, dirixido a familias (pais, nais e fillos/as) dos colexios públicos do concello de Pontevedra. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación conxunta de nais/pais e fillos/as en actividades nas que poder compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.

DATAS DE REALIZACIÓN: Os venres e sábados dende o mes de marzo ó mes de maio (9, 10, 16, 17, 23, 24 de marzo; 13, 14, 20, 21, 27, 28 de abril; 4, 5, 11, 12, 18, 19 de maio).

LUGAR DE REALIZACIÓN:

  • CEIP Campolongo

  • CEIP Manuel Vidal Portela

Díptico informativo

Ficha de inscrición

ESPERAMOS CONTAR COA VOSA PARTICIPACIÓN !!!!!!!!

ACTIVIDADES

 

OBRADOIRO DE INGLÉS. ROLE PLAY

O Xogo de roles é unha dos mellores xeitos de simular a conversación e pode ser un excelente ferramenta de ensino se se fai correctamente. Baseándose no “Xogo e a diversión”, practicarase o inglés con profesorado especializado no idioma, do xeito máis lúdico e oral, tratando de que adquiran destreza á hora de expresarse en inglés da forma máis natural.

O principal obxectivo desta actividade é o propio disfrute xunto co aprendizaxe da lingua inglesa.

Neste obradoiro traballarase a comunicación teatralizada a través da representación de situacións reais ou imaxinarias, adaptadas sempre os diferentes niveis e coñecementos dos participantes

Traballarase tamén con música en inglés para, a partir da música e as cancións como soporte indiscutible, desenvolver a comprensión e a expresión oral, así como para ampliar os coñecementos lingüísticos

DESENVOLVEMENTO

Faise unha situación da vida real ou imaxinaria actuando segundo o papel que se lles asignou (por exemplo unha viaxe a Ingletarra a visitar o Big-Bang no que se disitribúen os papeis de azafata de voo, taxista inglés etc.), o monitor reúnese primeiro cos participantes e pódelles indicar o que se vai a dicir, o ton e as actitudes e o que se pretende coa sesión. Débese representar con naturalidade, con expresividade e adecuando o papel ao tipo de persoa que se representa. O monitor pode facer brevísimas intervencións para que o diálogo non decaiga. O resto do grupo actuará como observadores.

Todas as situación de Roll-Play irán acompañadas de medios audiovisuais para poder facilitar o desenvolvemento do obradoiro

 

DIFERENTES NIVEIS HOMOXÉNEOS E DESTINATARIOS

1º NIVEL NENOS A PARTIR DE 3 ANOS ATA OS 7

2º NENOS A PARTIR DE 8 ANOS ATA OS 12

3º NIVEL PARA PAIS EN NAIS

15 PARTICIPANTES MÁXIMO POR GRUPO

 

OBRADOIRO DE NOVAS TECNOLOXÍAS

Na actualidade contamos con novas tecnoloxías que nos axudan na nosa vida diaria, aínda que avanzan a un ritmo vertixinoso, por iso con este obradoiro, queremos axudarlles a que coñezan máis activamente os beneficios que estas tecnoloxías achegan positivamente ás nosas vidas.

Polo que este sería un proxecto conxunto de RADIO o cal se podería emitir a través de Internet.

Devandito proxecto tería un obxectivo xeral que sería: a emisión a través de Internet dun programa de radio e ata con reportaxes de vídeo, o programa gravaríase e emitiríase cada 3 sesións e contaría con espazos de emisión variados

SAÚDE
Neste apartado os partcipantes achegaríannos todos eses coñecementos que eles teñen para remedios con plantas naturais recreando un programa estilo A Botica de Pontevedra.


ACTUALIDADE (noticias locais, nacionais, .actos de inauguracións, clausuras)

Tratarase de realizar unha reportaxe cada 2 sesións (ata realizar saídas ó exterior, con entrevistas ó pobo) daquelas noticias máis interesantes, ben sexan de carácter, local, nacional ou internacional.

DEBATES
Por suposto, que non falten os debates radiofónicos, onde se proporá un tema de actualidade e os nosos participantes debaterán sobre el.

PRENSA DO CORAZÓN

E como non, poderemos introducir un breve espazo para as marmuracións máis recentes do momento.

Para a emisión deste proxecto contamos coa axuda de Internet, onde ademais da emisión axudaralles os participantes a aprender o uso dos programas e técnicas necesarios para a súa emisión.


Trátase dun proxecto moi completo, onde os participantes terán que realizar distintos obradoiros, procura de información, prensa, interpretación teatral con voz en off e onde eles serán parte activa.


Así mesmo, traballarán novas ferramentas de internet, como a creación do blog da radio, creación dun Facebook onde poden actualizar diariamente os seus comentarios e mellores momentos, gravación e montaxes de vídeos…

DESTINATARIOS:

PAIS / NAIS E FILLOS (Nenos a partir de 8 anos ata 12)

Máximo 15 personas por grupo.

OBRADOIRO DE PATIXAXE

As clases de patinaxe son ideais para pais e fillos xa que é unha actividade de ocio para facer en común, descubrindo unha relación distinta á familiar.

O patinaxe é unha actividade recreativa ó mesmo tempo que un deporte que axuda a desenvolver o equilibrio e manter a harmonía corporal a través dos seus movementos e exercicios. Unha boa técnica pode axudar aos nenos e os pais a que se familiaricen co desprazamento sobre os patíns e desenvolvan variados movementos como unha seda

O obxectivo do obradoiro de patinaxe, aparte de estar baseado en exercicios e xogos para conseguir ensinar e entreter ós nenos, é que aprendan habilidades básicas do desprazamento e vaian adquirindo equilibrio e destreza para cambiar de dirección, patinar con obstáculos slalom, participar en carreiras e aprender algunhas posturas básicas da patinaxe artística.

 

DESTINATARIOS

PAIS / NAIS E FILLOS A PARTIR DE 3 ANOS

Máximo 20 participantes


 

ACTIVIDADES DE 3 A 7 ANOS E PARA PAIS E NAIS

MAREANDO AS MANS: Colle os teus pais das mans e sumérxeos no mundo mariño… Teredes que esquivar áncoras, colares de sereas, cofres do tesouro…..

ATINA CO XOGO: Os/as nenos/as porán en apuros as nais e pais, plantexando todo tipo de xogos divertidos onde terán que estar moi alerta para completar tódolos desafíos e demostrar as súas habilidades.

ACTIVIDADES DE 8 A 12 ANOS E PARA PAIS E NAIS

CONTADORES DO REVÉS: Se temos un bó conto e un nutrido grupo de actores e actrices…. ¿Cambiamos o papel? Sairán a escena os adultos sendo nenos e os nenos/as sendo adultos. ¿ACEPTAMOS O RETO?.

CIENCIA DIVERTIDA: Convirtete nun pequeno/a científico. Observa, experimenta, xoga, combina elementos naturais e comproba os extraños fenómenos que acontecen no noso DIVERLABORATORIO.

ACTIVIDADES PARA PAIS E NAIS

A RISA DOS CONFLICTOS: ¿A quen lle gustaría aprender a rirse dos problemas?. Plantexamos unha terapia de grupo sobre os aspectos mais importantes da vida dos nosos fillos/as. – “ A grandes males grandes remedios”.-