Preparación dos exames da U. de Cambrigde en Pontevedra

A FANPA informa que xa está aberta a inscrición para o curso de preparación dos exames de inglés 2016-2017 con Global Project, empresa recoñecida pola  Universidade de Cambridge, como formadora para a preparación dos seus exames.

Obxectivo

Preparar aos nosos mozos para que obteñan os correspondentes certificados de recoñecemento internacional da Universidade de Cambridge o que lles abrirá as portas a unha educación de alto nivel.

Profesorado

O profesorado encargado desta preparación é de nivel nativo, con experiencia nas preparacións destes exames e alto nivel de aprobados nos seus grupos.

Contidos

Programación adaptada ás diferentes probas de nivel.

Refórzanse e practican as estruturas fundamentais: Writing (escribir), Speaking (falar), Reading (ler), e Listening (escoitar).

Prácticas de exames reais para que os nenos se familiaricen con eles.

Dedicación mínima recomendada, 2 horas á semana.

Establécese a seguinte estrutura (curso escolar orientador – realizaranse probas de nivel iniciais):

  • Nivel A2: KET
  • Nivel B1: PET
  • Nivel B2: First
  • Nivel C1: CAE

ORGANIZACIÓN XERAL

O número mínimo de alumnos en cada grupo é 8 e máximo 16. Para un número inferior a tarifa pode sufrir algún cambio.

Cada grupo está ao cargo dun profesor de nivel nativo que impartirá as clases e preocuparase pola evolución de cada alumno. Os profesores son excelentes profesionais con grande experiencia no ensino de nenos.

Ademais: Global Project asignará un coordinador en permanente contacto coa FANPA e os profesores para garantir a boa marcha dos cursos.

Trimestralmente entregaráselles aos nenos un completo informe sobre a súa evolución e recomendacións.

En caso de enfermidade ou baixa dalgún dos profesores, Global Project procurará cubrir as clases cun profesor substituto.

TARIFAS E HORARIOS

As clases comezan o primeiro día de outubro

KET, PET e FCE
Cota: 40€/ mes socios 50€/ mes non socios

CAE

Socios 59€/mes, grupo máximo de 7 alumnos;  52€/mes, cando o grupo é de máis de 7 alumnos

Non socios da FANPA 68€/mes ou 61€/mes en función do número de alumnos do grupo.

Horario: Os venres, de 16.30 a 18.30h

Lugar: No IES Valle Inclán e nas aulas da FANPA

Para máis información sobre os cursos e a situación das aulas, poden chamar aos teléfonos de contacto:

FANPA: 986 843 412

Global Project: 986 220 670

Folla de Inscrición

insc-fanpa-pontevedra-16-17

Libros

libros-fanpa-2016-2017-pontevedra1