LUDOTECAS DE SEMANA SANTA

Nota: entre o luns e o mércores faranse o cargo de todas as cotas, se non vos aparece cargado non vos preocupedes.

 

O luns levade unha merenda habitual para os/as nenos/as como levan para o cole, unha botelliña de auga e se fixese calor gorra/proteccións solar.

Días: 14, 15 e 16 de abril

Horario: de 9:00 a 14:00 horas

Lugares: CEIP Campolongo e no CEIP Manuel Vidal Portela.

CONDICIÓNS DE ACCESO

  • Nenos/as de entre 3 e 12 anos de idade.

  • Cursar estudos nun centro do concello de Pontevedra ou estar empadroado no concello de Pontevedra.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

A orde de adxudicación de prazas será a seguinte:

 

  • 1º Nenos/as que estuden nun centro público e sexan membros de ANPA federada.

  • 2º Nenos/as que estuden nun centro público e non sexan membros da ANPA, ou a ANPA non estea federada.

  • 3º Nenos/as que estuden nun centro concertado ou privado de Pontevedra.

  • 4º Nenos/as que estuden fóra do concello de Pontevedra e estean empadroados en Pontevedra.

  • Folla informativa e inscrición