IV certame de microrrelato en galego “EOI de Pontevedra”

O Equipo de Dinamización da Lingua da EOI de Pontevedra, en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, convoca o IV certame de microrrelato en galego “EOI de Pontevedra”, segundo as seguintes bases:
1. Poderán participar no concurso todas as persoas que o desexen, sexan ou non alumnado da EOI de Pontevedra ou das súas seccións da Estrada e de Lalín.
2. O certame terá carácter presencial e realizarase nas dependencias da EOI en Pontevedra e nas seccións da Estrada e de Lalín. O traballo consistirá na redacción dun microrrelato en lingua galega inferior a 150 palabras, sen contar o título. No microrrelato deberán empregarse obrigatoriamente 3 palabras que se comunicarán antes de empezar. Un sistema de plicas garantirá o anonimato dos textos.
3. LUGAR E DATA DAS PROBAS
Mércores 06 de marzo de 2013. A proba empezará ás 18.30 h no salón de actos da EOI de Pontevedra e, simultaneamente, nos centros da Estrada e de Lalín. Durará un máximo de 120 minutos.

Bases do certame