Información e resolución ludoteca Vilaverde

Bo día, Dada a demanda de información solicitada por varias familias sobre a ludoteca do CEIP Vilaverde, comunicamos: 1. O Consello Escolar do CEIP Vilaverde acordou no curso 2014-15 que o número de prazas para a ludoteca do verán sería 50. Dada a demanda que ten o colexio intentouse aumentar o número de prazas pero non foi posible. 2. Dada a demanda, a FANPA contacta coa Dirección do centro para ampliar as prazas para que puidesen entran todos (93 nenos e nenas). A Dirección do centro permite ampliar só dez prazas. 3. En consecuencia quítanse as listas de admitidos con 60 prazas. 4. Isto provocou unha inquedanza nas familias excluídas e orixinou comentarios confusos e pouco acertados sobre a realidade da situación. 5. Tras as conversas das familias coa Dirección do centro, esta decidiu levar ao Consello Escolar do 16 de xuño a ampliación das prazas. Nel acordouse a dita ampliación de prazas e espacios para poder realizarse con todos os solicitantes. 6. A FANPA considera que coa ampliación de prazas e espazos a ludoteca pode realizarse nunhas condicións de calidade axeitadas. Polo tanto, a Xunta Directiva, dado que a súa intención sempre foi dar cabida a todos os solicitantes, decide: Ampliar a ludoteca cos medios e recursos necesarios para que todas as familias que solicitaron a ludoteca do Vilaverde en prazo e forma accedan a ela. A Xunta Directiva