Bases contratación ludonadal 2014

Estas cláusulas establecen as condicións que debe reunir a empresa que subministre o servizo de ludoteca de nadal dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos matriculados en centros educativos do concello de Pontevedra e nenos/as, que non estando matriculados en centros educativos do concello están empadroados no concello de Pontevedra. O órgano de contratación, dirección e supervisión será a Xunta Directiva da Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA) que nomeará unha mesa de contratación para aprobar e adxudicar o correspondente contrato, que terá unha duración dende o 22 de decembro de 2014 ata o 7 de xaneiro de 2015, ambos os dous incluídos. Ludo Nadal 2013