Banco de libros curso 2013/14

Ao igual que o curso pasado, o procedemento consiste en que, as familias deixen no centro escolar os libros válidos para o próximo curso e enchan a solicitude dos libros que precisan. O prazo de entrega de libros no colexios será ata o 27 de xuño.

Nuns días acudirán ao voso centro para levarvos material que anuncie esta campaña. Serán unha bandeirolas de tela que se poden volver usar nos cursos sucesivos, por iso, pregámosvos que se conserven.

 

Neste correo tamén vos enviamos unha circular para enviar ás familias.

 

O día 28 de xuño persoal do concello irá recoller os libros e, despois de clasificalos e facer os lotes, chamará as familias para que vaian recollelos a Casazul.

 

Agardamos que esta iniciativa sexa do voso interese.

 

Para calquera dúbida podedes contactar con:

 

Patricia González

 

986 804300 ext 7452

 

 

Carta informativa

Circular familias

Solicitude