Ponte a conducir 2019 en Poio

ACTUALIZACIÓN DO 24 de setembro de 2019
A xornada suspendida realizarase finalmente o vindeiro sábado, 28 de setembro, no mesmo lugar e hora previsto: Circuíto de Educación Vial da Seca no Concello de Poio.
Lémbrase a necesidade de preinscrición para facilitar a organización dos grupos mediante o formulario web dispoñible no fondo desta nota.

ACTUALIZACION do 19 de setembro de 2019

Os organizadores informan de que debido á previsión meteorolóxica, aprázase o día de realización para unha vindeira data aínda sen concretar.
Polo tanto o prazo para cubrir o formulario de inscrición quedará tamén aberto ata o día previo.

Informaremos máis concretamente en canto sexa posible.

icon-car.pngKML-LogoFullscreen-Logo
A Seca

cargando mapa - por favor, espere...

A Seca 42.438748, -8.690507 Circuíto A Seca - Poio para a actividade Ponte a conducir 2018

 

Invitámosvos á sexta edición de Ponte a Conducir, un obradoiro de seguridade viaria que a FANPA organiza en colaboración coa Subdelegación do Goberno, Deputación Provincial, Concello de Poio, Dirección Xeral de Tráfico, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Poio, Cruz Vermella e empresas así como diversas entidades privadas.

PÚBLICO: para menores de infantil e primaria (desde 3 a 14 anos) dos concellos de Pontevedra e Poio. Cada neno deberá traer o seu medio de “transporte”.

O obradoiro celebrarase nas seguintes datas:

  • Poio: sábado 21 28 de setembro de 2017 no circuíto de Educación Vial na Seca – Poio.

HORARIO: Todas as actividades comezan ás 10.00 horas. Prégase máxima puntualidade para facilitar os labores organizativos

Como o ano pasado, os nenos distribuiranse en grupos de 30 segundo a súa idade, e iran rotando polas diferentes actividades que se desenvolverán ao longo da mañá:

  • Circuíto de karts, peóns e ciclistas (educación viaria)
  • Concurso de debuxo sobre educación viaria
  • Obradoiro de primeiros auxilios da Cruz Vermella
  • Exposición de vehículos e medios de atención da Policía Local de Poio, Protección Civil, Cruz Vermella e Garda Civil de Tráfico.
  • Simulacro de actuación en caso de accidente
  • Graffiti pola seguranza vial

As prazas das que dispoñemos son limitadas, aprox. 120, polo que se atenderá á orde de inscrición para a participación na xornada.

A inscrición pode facerse tanto presencialmente, na sede da FANPA, como a través dun formulario vía web que poñemos á vosa disposición ao remate desta nova:

  • Nome e apelidos do rapaz participante
  • Curso escolar
  • Colexio
  • ANPA (se é socio)
  • Nome do pai ou titor responsable
  • Teléfono de contacto
  • Enderezo

TEMPOS E OBSERVACIÓNS: Os tempos a permanecer en cada aula/obradoiro, serán de 30 minutos. Dado que para o circuíto, a capacidade ideal é de 15 nenos, o resto do grupo permanecerá dentro do circuíto, atendendo as indicacións e ensinanzas dos monitores.

OUTRAS ACTIVIDADES DENTRO DA XORNADA: Este ano farase un simulacro de como se debe saír dun vehículo accidentado os ocupantes, neste caso nenos antes de que cheguen os servizos de urxencias. Preténdese ensinarlles a eles e ás súas familias o máis básico para saír dun vehículo accidentado e a forma de actuar.

CONCURSO DE DEBUXO: Como en anos anteriores, celebraremos o concurso de debuxo sobre un aspecto da seguranza viaria

As normas do concurso son as mesmas que o ano pasado (coa correspondente actualización das datas e lugares de celebración do ano actual)

Consultar as normas

Organizadores e colaboradores:

INSCRICIÓN NA XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL (1 para cada neno/a)

Inscrición pechada