Ponte a conducir 2017 en Pontevedra e Poio

Invitámosvos á cuarta edición de Ponte a Conducir, un obradoiro de seguridade viaria que a FANPA organiza en colaboración coa Subdelegación do Goberno, Deputación Provincial, Concello de Pontevedra, Concello de Poio, Xefatura Provincial de Tráfico, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil, Cruz Vermella e empresas entidades privadas.

PÚBLICO: para menores de infantil e primaria

O obradoiro celebrarase nas seguintes datas:

  • Pontevedra: sábado 23 Setembro 2017 no circuíto Educación Vial de Mollabao
  • Poio: sábado 30 de setembro de 2017 no circuíto de Educación Vial na Seca – Poio.

HORARIO: Todas as actividades comezan ás 10.00 horas. Prégase máxima puntualidade para facilitar os labores organizativos

Como o ano pasado, os nenos distribuiranse en grupos de 30 segundo a súa idade, e iran rotando polas diferentes actividades que se desenvolverán ao longo da mañá:

  • Circuíto de educación viaria
  • Concurso de debuxo
  • Vehículos e medios de atención en pro da seguranza viaria
  • Aula práctica da Cruz Vermella

As prazas das que dispoñemos son limitadas, aprox. 120,  polo que se atenderá á orde de inscrición para a participación na xornada.

A inscrición pode facerse tanto presencialmente, na sede da FANPA, como a través dun formulario vía web que poñemos á vosa disposición ao remate desta nova:

  • Nome e apelidos do rapaz participante
  • Curso escolar
  • Colexio
  • ANPA (se é socio)
  • Nome do pai ou titor responsable
  • Teléfono de contacto
  • Enderezo

TEMPOS E OBSERVACIÓNS: Os tempos a permanecer en cada aula/obradoiro, serán de 30 minutos. Dado que para o circuíto, a capacidade ideal é de 15 nenos, o resto do grupo permanecerá dentro do circuíto, atendendo as indicacións e ensinanzas dos monitores.

OUTRAS ACTIVIDADES DENTRO DA XORNADA: Este ano farase un simulacro de como se debe saír dun vehículo accidentado os ocupantes, neste caso nenos antes de que cheguen os servizos de urxencias. Preténdese ensinarlles a eles e ás súas familias o máis básico para saír dun vehículo accidentado e a forma de actuar.

CONCURSO DE DEBUXO: Como en anos anteriores, celebraremos o concurso de debuxo sobre un aspecto da seguranza viaria, e dentro diso en concreto aprender a saír do vehículo accidentado.

NORMAS DO CONCURSO DE DEBUXO (Descargar)

 

NORMAS DEL CONCURSO PONTE A CONDUCIR 2017

ENTREGA DE PREMIOS: A entrega de premios aos gañadores do IV Concurso de Debuxo, como en anos anteriores, celebrarase no Salón Principal da Subdelegación do Goberno de Pontevedra coa presenza dos representantes das institucións e empresas colaboradoras.

INSCRICIÓN NA XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL (1 para cada neno/a)