ORDE do 13 de marzo de 2015 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes desta consellería en réxime de oferta concertada durante a Campaña de verán 2015.

Artigo 1. Obxecto A Consellería de Traballo e Benestar convoca a presente oferta de uso das súas instalacións xuvenís para a Campaña de verán do ano que corre –que comprende do 15 de xuño ao 30 de setembro–, nos termos que se establecen nesta orde e de acordo coa distribución de prazas que se recolle no anexo I. Artigo 2. Servizos ofertados e duración das quendas O uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer: a) Dos servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa. b) Do material (excepto o correspondente ás actividades que a entidade ou grupo vaia desenvolver na instalación) que, no caso dos campamentos, inclúe tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas. c) Xerencia e persoal de servizo. A duración das quendas e as instalacións ofertadas serán as recollidas no anexo I desta orde. O primeiro servizo de alimentación será a comida do día da incorporación e o último o almorzo do día seguinte ao último día de estadía concedido. [ DOG NUM 56->http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150324/AnuncioCA05-170315-0001_gl.html]