foto-curso_informatica.jpg

Ofimática e Internet: Cursos para directivas de ANPA do concello de Pontevedra organizado pola FANPA

O curso será impartido por GALPON (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra) baseado en software libre e estándares abertos

Cursos para grupos de 10 persoas, por orden riguroso de inscrición, poden anotarse por mail ou por teléfono, pero adquiren o compromiso de asistir ou anular a súa asistencia con antelación suficiente para poder cubrir a praza.

O citado curso será o vindeiro 27 de febreiro de 2010, de 9:30 a 14:30 hrs e de 16:30 a 19:30 hrs, cunha duración total de 8 horas. Será na aula nº 1 da 3ª pranta do Centro Cultural Caixanova de Pontevedra.

Teñen opción a asistir en sesión de mañá ou de tarde , aínda que terán preferencia os que participen o día completo. Os contidos da mañá e da tarde serán independentes.

Sesión de  mañá cos seguintes contidos:

  • Procesador de texto+folla de cálculo+elaboración de  presentacións= 5 horas

Sesión de tarde:

  • Elaboración  de presentacións +xestión de correo e mensaxería instantánea= 3 horas

Consultar programación


Estamos a xestionar este mesmo curso na comarca do Deza e en Vilagarcía de Arousa.Pendente de determinar as datas

Esperamos contar coa vosa participación

foto-curso_informatica.jpg