Observatorio socioeducativo “Inspira” inicia actividade na Biblioteca Pública de Pontevedra

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola (R/Alfonso XIII, 3,36002 Pontevedra), a través do seu programa de Voluntariado promove o  “Observatorio Socio-educativo Inspira”observatorio_biblioteca_pontevedra

Trátase de 6 sesións de charlas que teñen por finalidade abrir un espazo de debate e encontro entre os/as implicados/as de forma directa ou indirecta no ámbito do cambio e a dinamización socio-educativa.

O ciclo desenvolverase un sábado ao mes e pretende ter continuidade no tempo, convidando a diferentes protagonistas do cambio que dun xeito ou outro levan a cabo propostas inspiradoras e positivas de cambio, innovación e compromiso coa educación e a sociedade en todos os niveis formativos e educativos.

O observatorio estará coordinado por Rocío Gómez-Juncal, psicóloga e dinamizadora socio-educativa, formadora en áreas de psicoloxía básica e creatividade e voluntaria na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola.

Horario: 1ºsábado de cada mes, de 11:00-13:00
Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Prazas: En aberto ata completar aforo
observatorio-inspira-a-baja