Obradoiro de técnicas de estudo para nenos con dificultades específicas de aprendizaxe

OBRADOIRO: TÉCNICAS DE ESTUDIO PARA NENOS/AS CON DIFICULTADES ESPECÍFICAS DE APRENDIZAXE

Destinatarios: nenos/as de 5º e 6º primaria, que presenten algunha dificultade  de aprendizaxe.

Levaranse os sábados 7, 14, 21 e 28 de abril e 5, 12, 19 e 26 de maio de 11:00 a 12:30 horas.

Serán grupos dun máximo de 10 participantes.

Lugar: Na sede da FANPA (R/ Xan Guillermo 9)

Inscrición: ata o 31 de marzo, mediante correo electrónico (actividades@nontedurmas.org) ou presencialmente na oficina da FANPA.

Prezo: SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA: 15 EUROS Ó MES. NON SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA: 25 EUROS Ó MES

O pago farase mediante transferencia bancaria na conta ES16 2080 5403 4030 4011 9244 ou en efectivo na FANPA no momento da inscrición.

OBXECTIVOS

  • Adquirir as ferramentas que faciliten a creación de bos hábitos de estudio.
  • Mellorar a capacidade de aprender a aprender dos alumnos/as.
  • Analizar os principais estilos de aprendizaxes, coñecer como aprende cada alumno/a, que estratexias utiliza de forma intuitiva e como pode transferilas, potencialas e complementalas.
  • Optimizar e planificar mellor o tempo de estudio a través de técnicas de organización.
  • Ensinar técnicas de estudio para que os alumnos/as poidan potenciar a súa memoria, facer esquemas, mellorar a súa comprensión lectora entre outras.
  • Coñecer diferentes técnicas de concentración e relaxación.
  • Fomentar unha actitude positiva ante o estudio.

Especialmente enfocado a aqueles nenos que sofren de:

  • Dislexia: trastorno que se caracteriza pola dificultade no aprendizaxe e na consolidación da lectura e escritura.  Está afectada a escritura, memoria, percepción, secuenciación, automatización e ortografía. É un dos trastornos mais frecuentes nos nenos/as.
  • Discalculia: Trastorno na adquisición das habilidades matemáticas. Está afectado o procesamento numérico e o cálculo.
  • TANV: trastorno de aprendizaxe non verbal que afecta aos aprendizaxes. Está afectada a coordinación motriz, integración visoespacial e habilidades psicosociais entre outras.
  • Disgrafía: trastorno que se relaciona coas dificultades na expresión escrita. Está afectada a calidade da escritura, trazo e/ou a grafía.
  • Disortografía: trastorno da linguaxe específico da escritura. Teñen problemas para deletrear as palabras e cometen erros como o intercambio de letras.
  • TEL: está afectada la función lingüística, comprensión e expresión oral e escrita.

 Descargar ficha resumo

Comments:0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*