Prezo do servizo de comedor en Marín

Curso 2022-23
(actualizado o 29 de agosto de 2022)

Recibirán unha bonificación municipal igual que o ano pasado sobre o custo sen subvención:

  • -10€ por neno/mes por 5 días á semana.
  • -8€ se van 4 días.
  • -6€ se van 3 días.
  • -4€ se van 2 días
  • -2€ se van 1 día.

Segundo o número de días do mes, a factura mensual varia.

Comedor regular 5,63/día

Comedor esporádico 7,09 €/día

Descontos por
Segundo irmán (sendo ambos usuarios): 5% no servizo do máis novo
Familia numerosa (sen mínimo 3 usuarios): 10% no servizo de cada un

Modalidades de contratación:
(1) Fixo: Servizo días fixos da semana. O recibo pasarase entre o 15 e 20 do mes de servizo e as mensualidades serán sempre do mesmo importe, según a táboa de prezos especificada ao lado, e calculadas a partir do nº de días lectivos do curso, dividido entre os 10 meses de servizo.
(2) Calendario de días ou quenda laboral: Servizo uns días sen periodicidade semanal (días de calendario) e o sabe con antelación. Deberá informarnos antes do día 25 de cada mes dos días nos que necesitará o servizo durante o mes seguinte. Cobraranse entre o 15 e 20 do mes de servizo polos días contratados.
(3) Esporádico: Se necesitan o servizo días soltos sen posibilidade de planificar. Debe avisarnos o día anterior como moi tarde. Cobraranse os días que correspondan ao mes seguinte do servizo ao prezo esporádico.

Saída

O horario de saída do comedor de Marín é
– de 15.30 a 16.00 horas para os centros que saen ás 14.00 h
– de 16.00 a 16.30 horas para os centros que saen ás 14.30 h