Actividades educativas do curso 2012/13.

Do mes de outubro ao mes de xullo.

A Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos da Provincia de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA) en colaboración coa Concellaría de Educación,  encargárase de organizar e supervisar os seguintes proxectos:

 

ACTIVIDADES EDUCATIVAS  PARA ALUMNOS/AS  DE EDUC. INFANTIL E PRIMARIA

 

o  PROGRAMA  TDAH: Debido o crecente diagnóstico deste trastorno considerouse necesario  desenvolver un programa de apoio ás familias e ao entorno educativo.

A intervención lévase a cabo dende varias liñas de traballo:

  • A cognitiva(1 hora semanal por grupo).
  • A Psicomotriz, (1 hora semanal por grupo)
  •  Intervención coas familias.
  • A colaboración co entorno educativo.

 

 

O día 17 de outubro ás 20:00h teremos unha charla explicativa sobre o Programa no salón de actos da Biblioteca Municipal de Marín.

 

 

o  ACTIVIDADE  DE INGLÉS PARA EDUC. INFANTIL E EDUC. PRIMARIA:

Workshops:Playing in English (Infantil, 1ºciclo de Primaria) O Obxectivo é desenvolver as habilidades necesarias para unha comunicación oral, fluída, por medio de xogos, lecturas, teatro, debates, etc.

 

·         Lugar: Casa Principal da Granxa de Briz

·         Horario:  Os sábados de 10:00h a 12:00h na Casa Principal da Granxa de Briz.

·         Custo Socios/as de ANPA Federadas: 29 €/mes  Non Socios/as: 35 €/mes

·         Material Didáctico:O custe aprox. do libro é de 24.50 €

 

O día 17 de setembro ás 20.00h  teremos unha Charla explicativa sobre a actividade no salón de actos da Biblioteca Municipal.

 

Preparación dos exames da Universidade de Cambrige ( 2º e 3º ciclo de Primaria)  O obxectivo e potenciar a adquisición de competencias na lingua inglesa, preparando os/as nenos/as para que obteñan os correspondentes certificados de recoñecemento internacional, traballando dous niveis Starters, Movers (3º e 4º primaria) e Flyers (5º e 6º primaria).

 

·         Lugar: Casa Principal da Granxa de Briz

·         Horario: Os martes de 16:30h a 18:30h  o 2º ciclo e os venres de 18:00h a 20:00h o 3º ciclo de Educ. Primaria          

·         Custo Socios de ANPA Federadas: 31 €/mes. Non Socios: 37 €/mes.

·         Material Didáctico: O custe aprox. do libro é 19.92 €.

 

O día 24 de setembro ás 20.00h  teremos unha Charla explicativa sobre a actividade no salón de actos da Biblioteca Municipal.

 

 


MÉTODO DE ARITMÉTICA MENTAL CON ÁBACO (UCMAS): É un programa de desenvolvemento intelectual deseñado para estimular unha utilización máis completa do cerebro, especialmente do hemisferio dereito. UCMAS contribúe a desenvolver a concentración, memoria visual e auditiva, autoconfianza, creatividade e en definitiva, as competencias básicas necesarias, para ser quen de afrontar calquera reto que requira esforzo mental.

 

·               Destinatarios/as:nenos/as   de idades comprendidas entre  os  6 e  os 13 anos.

·               Niveis: os grupos estarán distribuídos en dous niveis  por idades:

GRUPO KG: nenos e nenas  de  5 a  7 anos

GRUPO BASIC:   nenos e nenas  de  8 a 13 anos

·               Data de realización: de outubro  de 2012 a xuño de 2013

·               Días e horario:  dúas horas semanais por grupo

Luns e mércores de 16:30h a 17:30h – GRUPO KG:  nenos e nenas  de  5 a  7 anos

Luns e mércores  de  17:30 a 18:30h – GRUPO BASIC: nenos e nenas  de  8 a 13 anos

·           Prezo: Socios/as ANPA Federadas 40 €/mes. Non socios: 43 €/mes

·            Material do alumnado:  O material do  alumno inclúe dous libros por nivel,  un caderno de exercicios por nivel, o estoxo co  ábaco ao  comezo do programa e as certificacións de cada nivel. O custo do material para cada curso escolar será de 30€ máis IVE.

 

O día 19 de setembro teremos unha Charla-coloquio sobre o Método UCMAS no Comedor do CEIP Manuel Vidal Portela, ás 20:00h. As persoas interesadas terán que inscribirse no e-mail: actividades@nontedurmas.org, do día 17 e 18  na FANPA de 9:30h  a  13:30h no teléfono 986 84 34 12 ou no teléfono da empresa Anias  649 346 457 das 16:00h a 20:00h.

 

INSCRICIÓNS:

 

·        Todos os interesados deberan cubrir o boletín de inscrición e entregalo na Casa Principal da Granxa de Briz, de 16:30h a 18:30h, dende o martes día 18 ata o venres día 28 de setembro ou por correo electrónico: actividades@nontedurmas.org.

·        Poderán descargar a ficha de inscrición no web: www.nontedurmas.org ou recollela na propia FANPA, Rúa Alfonso XII nº7 3º andar,  Pontevedra. será por rigoroso orde de inscrición.

·        Terán prioridade os/as socios/as das ANPA Federadas.

·        As listaxes definitivas colgáranse no web o día 3 de outubro.

·        É preciso xustificar a condición de socio/a de ANPA Federada mediante a copia de pago da cota ou por certificado do/a secretario/a da ANPA.