Mamá Cabra e ola, ola,la.

Ola, ola, la!

GALAXIA | Ola, ola, la!

Ola, ola, la! é unha aposta musical para quen lle gusta a electricidade máis rítmica a dar voltas polo corpo. A través das melodías do grupo infantil Mamá Cabra e coa axuda dun DVD-Karaoke, os nenos e nenas aprenderán a cantar as cancións coma se formasen parte da banda.

Polo medio, un sorprendente conto de Gloria Sánchez, ilustrado por Kristina Sabaite. A forza da música en directo completa unha aposta que leva a música como gozo delicioso por toda a casa, no coche… onde se queira!

Dos 4 aos 8 anos.

 

 

Datas en Pontevedra:

  • 29/01/2011: no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, ás 16:30 e ás 18:00 horas 
  • 05/02/2011: no Auditorio Municipal de Vigo
  • 06/02/2011: no Auditorio Municipal de Vigo

Fonte: Xunta de Galicia