Ludoverán 2019

Información Programa de ludotecas de verán que xestiona a FANPA en colaboración co Concello de Pontevedra.

Información supeditada a modificacións de última hora

Períodos de realización

  • Ludotecas semanais de xuño de setembro só en Campolongo. Do 24 ao 28 de xuño e do 2 ao 6 de setembro
  • Ludotecas quincenais de xullo e agosto en todos os centros (menos no Álvarez Limeses e Xunqueira 2, limitadas ao mes de xullo)
  • Ludotecas mensuais de xullo e agosto en todos os centros (menos en Xeve e na Carballeira, limitadas ao mes de xullo)

Horario

A actividade das ludotecas cobre de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas, con horario ampliado de recollida a partir das 8.30 h e ata as 14.30 horas.

Servizo complementario

  • Madruga, de 7,30 h ata as 9.00 horas (tamén uso esporádico)
  • Comedor, de 14.00 h ata as 16.00 horas (tamén uso esporádico)
    • Nota importante:

Estes servizos dependen de que se dispoña en cada centro e quenda dos asistentes mínimos que a empresa (Arume) estableza. O custo destes servizos complementarios deben aboarse á parte das ludotecas e ingresarase directamente na conta da empresa. O detalle dos seus prezos están na folla informativa.

Prezos (por cada asistente)

  • Centros públicos e Socios              25€ semana / 40€ quincena / 50€ mes
  • Centros públicos non socios          35€              / 53€                / 58€
  • Centros privados/concertados       50€              / 68€                / 73€
    • As familias que inscriban 2 ou máis irmáns nas ludotecas terán un desconto de 5€ por cada un

 

Folleto informativo (actualizado o 13 de maio)

 

Ficha de inscrición

Descargar en PDF

Inscrición e pago das ludotecas

O período de inscrición comeza o 27 de maio ata o 31 de maio (de 9.00 a 14.00 horas) tanto para a inscrición presencial na sede da FANPA coma no proceso telemático. O pagamento farase ou acreditarase no momento da inscrición.

A FANPA proporcionará coma en anos anteriores un formulario en liña que permitirá completar o proceso de recollida da solicitude e pagamento con tarxeta de crédito/débido por vía telemática. No caso de preferir o pagamento mediante transferencia bancaria deberá acompañarse a solicitude do xustificante de ter realizada a transferencia (por tanto, debe facerse antes o pagamento que o proceso de solicitude):

Número de conta para o pagamento mediante transferencia bancaria:  ES75 2080 5403 4130 4012 0558

Concepto: (nome do neno, centro da ludoteca e quenda solicitada; por exemplo: Álvaro Solla Portela, Xunqueira2, 2ª xullo)

Documentación necesaria

  • Ficha ou formulario completo e correctamente cuberto
  • Copia DNI de nai/pai/titor
  • Copia da Tarxeta sanitaria do menor
  • Volante de empadroamento actual (recoméndase solicitalo con tempo para evitar aglomeracións)
  • Xustificante de pagamento (menos para os que fagan pago con tarxeta)
  • Acreditación de socio de ANPA federada
  • (socios non) Acreditación do centro de estudos do menor
  • Vida laboral ou cabeceira de nómina co fin de acreditar a situación laboral activa.

Nota. NON SE ADMITIRÁN SOLICITUDES CON DOCUMENTACIÓN INCOMPLETA. NON SE ACEPTARÁ DOCUMENTACIÓN TRAS ENTREGAR A SOLICITUDE DE MATRÍCULA

Prazos previstos de formalización da praza

  • 7 de xuño Publicación provisional de listas no web
  • 10 de xuño a 11 de xuño Baixas e reclamacións
  • 12 de xuño Publicación definitiva de admitidos e servizos complementarios
  • 20 de xuño Reunión informativa  sobre o funcionamento das ludotecas a cargo das empresas responsables.

Localizacións no mapa dos centros educativos das ludotecas (Pendente de concreción definitiva, pode haber modificacións)

Nota: Todas as ludotecas están supeditadas a que haxa un número mínimo de asistentes. A FANPA pode reducir algunha quenda ou ludoteca; a FANPA fornecerá nese caso alternativamente ben outra ludoteca ben a devolución do importe.

Cronogramas

Inglés (Álvarez Limeses)

Descargar PDF

cronogramas_ingles_2019

Xerais

Deportiva

Menús dos servizos complementarios

Normas da ludoteca

Son de obrigado cumprimento

Descargar en PDF

Horario de entrada e saída diario á ludoteca:

horario de entrada desde as 8.30 h ata as 9.30 horas

horario de saída, desde as 13.30 ata as 14.30 horas

 

Teléfonos de contacto

Ludoteca en galego (Anias)

Ludoteca deportiva (Anias)

Ludoteca en inglés (The Outback Languages)

 

Preguntas frecuentes

Pódese solicitar varios períodos (varias quincenas ou os dous meses)? Si

Se o meu fillo está nun centro concertado, teño que presentar un documento que acredite en que centro? Non, iso só é para centros públicos.

O menor está empadroado noutro concello pero estará en Pontevedra de vacacións, podo solicitar? Si; que poida entrar ou non dependerá do número de solicitudes que haxa concretamente na ludoteca do centro solicitada.

Quero presentar a documentación presencialmente, podo pagar con tarxeta? Si, no horario previsto, na sede da FANPA haberá un servizo de pagamento con tarxeta de crédito. Recoméndase utilizar unha tarxeta que xa se teña utilizado sen problemas para pagos on line.

 

Formulario de inscrición pechado

Inscrición en liña


Comentarios0

Deixa unha resposta