Listas de admitidos nas Ludotecas de Nadal

Unha vez rematado o período de matrícula, TODOS os inscritos están admitidos na súa ludoteca de primeira opción, excepto os matriculados na ludoteca de Cabanas, que se suspende por non acadar a matrícula mínima.

Os que teñan solicitado Cabanas serán asignados á segunda opción sinalada por eles.

Reunión informativa

O mércores, día 20 de decembro, ás 198:30 horas terá lugar na sede da FANPA a reunión de presentación das ludotecas de Nadal a cargo da empresa que a vai levar a cabo. Nesta reunión con nais e pais ilustraranse as normas de funcionamento habituais nas ludotecas e resolveranse as dúbidas ou consultas que se queiran facer.

icon-car.png
Oficina da FANPA

cargando mapa - por favor, espere...

Oficina da FANPA 42.433960, -8.648609 Oficina da FANPA