Inscrición no Ludonadal 2017

Nota importante do 28/11/2017:  Habilitarase un servizo de comedor na ludoteca de Campolongo, de 14.00 a 16.00 horas. O custo do servizo de comedor é de 49,50 € polo período completo. Para solicitar praza neste servizo deberase chamar ao teléfono 986 453040 (Arume). Non está incluído nos prezos da ludoteca.

 

A partir do 11, ás 00.00 horas, e ata o 14 de decembro, ás 14:00 horas, incluídos. A inscrición poderá realizarse en liña ou presencialmente na FANPA.

No caso de ser socios dunha ANPA de centro público do Concello de Pontevedra, que se acredita mediante carné ou xustificante de pagamento da ANPA correspondente, xa non é necesario achegar documento que acredite onde estuda o/a menor/es.

 

Inscrición (PECHADA):

 

Comentarios5

Os comentarios están pechados. Xa non pode engadir novos comentarios.

  1. Acabo de apuntar a los niños en el ludonadal, pero no aparece la opción del Ávarez Limeses, así como tampoco da opción de seleccionar horario ampliado

    1. Bos días,
      A falta de opción no Álvarez foi un erro que xa quedou corrixido (aparecía Barcelos, que non está dispoñible); sobre o horario ampliado, nesta ocasión non é necesario marcalo especificamente xa que está dispoñible o horario ampliado todos os días e non é necesario reservalo nin avisar.

  2. Bos días, existe a posibilidade de ludoteca con comedor e recollida ás 16-16:30 h, como se fixo nas ludotecas de verán ???

    1. Bos días,
      Lamentamos comunicarche que non haberá servizo complementario de comedor xa que non se xustifica pola baixa demanda que existe no período de Nadal.